Ir al contenido principal

Peituga de pavo en prebe de champiñóns

Ir á receita en castelán

  • 450 grs de peituga de pavo
  • 150 grs de champiñóns
  • 1 Dente de allo
  • 1 rama de romeiro
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 vaso de caldo de polo
  • 1/2 Cullerada de Maizena
  • Aceite, sal e pementa



Xa facía algún tempo que non tocaba a carne de pavo. Carne branca, boa e libre de graxas, como xa é sabido por todos vos.
Para esta receita escollemos a peituga de pavo, que cortaremos ó longo, faremos tiras do tamaño dun solombo de porco e salpimentaremos.
Nunha tixola con aceite douramos ben as tiras de peituga por todos os lados. Retiramos e reservamos.
No mesmo aceite (retiramos un pouco se vedes que fose moito) procedemos a saltear os champiñóns que, previamente cortamos en cuartos. Engadimos o dente de allo fileteado e deixamos que se faga o conxunto un par de minutos.
Pasado o tempo incorporamos a peituga reservada, a rama de romeiro e o vaso de viño branco. Deixamos que se evapore o alcohol e botamos ó conxunto o caldo de pollo.
Deixamos que coza uns 5 ou 7 minutos, dando voltas á carne de cando en vez. Procedemos a desfacer a Mazeina nunha cullerada de auga, que incorporaremos a nosa preparación.
Remexemos e rectificamos de sal e pementa, cocemos un par de minutos máis.
Para a súa presentación cortamos en rodelas a peituga e acompañamos cos champiñóns, regamos co prebe da preparación. Servir quente.
Temos un bo prato que vai a gustar tanto os maiores da casa, coma os máis cativos. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es