Ir á receita en castelán
- 250 grs de robaliza
- 1/2 Cebola
- 1 Porro
- 1/2 cabaciña
- 50 ml de nata
- 2 ovos
- 3 culleradas de maionesa
- 1 cullerada de pepinillos picados
- 1 cullerada de mostaza á antiga
- 1 cullerada de vinagre de Jerez
- 1 cullerada de ceboliño picado
- Sal, pementa e aceite de oliva
Coma xa vos teño contado en outras entradas deste blog, a robaliza é un dos meus peixes favoritos. Preparada en estes pasteliños resulta moi agradable, pois á suavidade que xa ten este peixe, engádese a da cabaciña, o da cebola e porro sofritidos e esa textura abizcoitada.
Notas á receita:
- Dicirvos que o peso que indico da robaliza, xa é limpa de pel e espiñas.
- Na confección do prebe o uso do vinagre é opcional, do mesmo modo que podedes usar alcaparras (que non van na lista dos ingredientes).
- Cos ingredientes indicados saen uns seis pasteliños do tamaño dos da fotografía.
Aclarados estes aspectos, comenzamos por picar a cebola e o porro para sofritilos nunha tixola con aceite, ata que comencen a tomar unha lixeira cor.
Mentres se fai o sofrito, imos poñendo nun vaso batedor a robaliza en anacos, a nata, os ovos e por ultimo o sofrito da cebola e porro. Salpimentamos e trituramos.
Relamos a cabaciña e engadimos o noso triturado. Mesturamos ben remexendo.
Botamos a mestura nos moldes que escolléramos e levamos ó forno, prequecido a 185º, entre 20 e 25 minutos. Comprobamos o interior cun palillo, se sae limpo está feito.
Para o prebe mesturamos a maionesa, o pepinillo, a mostaza e o ceboliño.
Deixamos que os pasteliños perdan algo de temperatura e desmoldamos. Servimos acompañados do prebe.
Dicirvos que podemos facelos con antelación e logo templar no microondas, é ideal para unha cea fría e é unha estupenda forma de darlle peixe os cativos da casa.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito