Ir al contenido principal

Ovos a castelá

Ir á receita en castelán

  • 8 ovos cocidos
  • 200 grs de carne picada
  • 100 grs de xamón
  • 1 Cebola
  • 1/2 cullerada de fariña
  • 1/4 de cullerada de Pementón de La Vera
  • 4 tomates
  • Pirixel
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa



A partires de hoxe, vou a tratar de publicar tres receitas á semana, os luns, mércores e venres. Estou seguro que haberá semanas que non serei capaz de cumprir, pero o reto está aí e pola miña parte está toda a vontade de facelo.
A receita de hoxe é un clásico que se presenta de distintas maneiras e na que a farsa que se prepara, pode servir para outras preparacións, coma por exemplo unhas patacas recheas.
Para arrancar a nosa receita, poñeremos os ovos a cocer. Ó rematar pasamos por auga fría para deter a cocción e reservamos.
Mentres cocen os ovos, relamos os tomates, picamos o xamón e as cebolas.
Nunha tixola botamos un fondo de aceite, no que pasaremos a carne picada xunto ca cebola, o xamón e salpimentamos. Faremos durante uns 10 minutos sen deixar de remexer, para que se nos faga ben a carne.
Cando vemos que a carne está no seu punto, engadimos a media culler de fariña e o tomate relado. Deixamos que o tomate solte a auga para de seguido engadir o pementón (ou menos segundo o voso gusto). Deixamos facer todo o conxunto a lume brando durante uns 15 minutos aproximadamente.
Cortamos os ovos pola metade (sacamos un pequeno anaco na base, para que se nos teña de pe), cubrindo cada metade ca preparación da carne.
Servimos con pirixel picado e directo a nosa mesa, para disfrutar de un completo prato


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es