Ir al contenido principal

Frita de polbo

Ir á receita en castelán



  • 800 grs de polbo cocido
  • 2 cebolas medianas
  • 1 pemento roxo
  • 1 pemento verde
  • 3 dentes de allo
  • 5 ou 6 patacas
  • 1 folla de loureiro
  • Aceite
  • Pementón agridoce de La Vera
  • Sal e pementa


Como xa vos contara días atrás, da nosa viaxe por Eivissa, trouxemos algunhas receitas da gastronomía da illa.
Comentar outra vez que tampouco nos diferencia tanto, en canto a materia prima que utilizan, da nosa cociña.
O polbo que tan presente está na nosa gastronomía, tamén ten o seu espazo na illa. Este é un prato que se preparaba nas casas onde había algún pescador submarinista e que agora non é difícil atopalo, nos bares da zona.
Unha receita moi sinxela e que nos vai a levar un agradable sabor a nosa mesa.
Evidentemente temos que partir de polbo cocido. Se non temos a ocasión de mercalo xa cocido, pois teredes que cocelo previamente.
Pelamos, lavamos e cortamos as patacas en anacos, que iremos fritindo.
Picamos a cebola e pasámola nunha cazola cun fío de aceite. Cando comence a tomar cor, incorporamos os pementos cortados en anacos e os dentes de allo, sen pelar, xunto co loureiro. Deixamos que se faga o conxunto uns minutos.
Mentres cortamos o polbo, que incorporamos á cazola e salpimentamos. Damos unhas voltas e incorporamos as patacas fritidas e o pementón. Mesturamos ben e deixamos facer uns tres minutos.
Listo para levar á mesa e disfrutar de este saboroso prato. Na miña mesa gustou.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es