Ir al contenido principal

Bocadiño de mexillón en escabeche con tomate e follas tenras

Ir á receita en castelán

  • Boliños de pan
  • Mexillóns en escabeche
  • Brotes de ensalada
  • Tomate rama
  • Maionesa
  • Sal Maldón









Hoxe volvemos con outra receita da serie "Cociñar con conservas".
Para esta receita imos a usar de novo o mexillón en escabeche, que tanto xogo nos vai a dar neste tipo de presentacións.
Eu, na base, usei brotes de ensalada, pero estou a pensar que uns allos tenros cortados en xuliana e despois salteados, irían estupendamente como base de este pincho. De todos os xeitos, a idea é non usar o lume para que nos sexa máis doado.
Pois moi sinxelo, a única preparación previa que ten o pincho, é pelar o tomate e cortalo en rodelas.
Entón, na base do pan poñemos unhas follas de brotes, que salgamos con unhas escamas de sal (podemos darlle un lixeiro toque co aceite da lata), por riba vai a rodela de tomate, que tamén salgaremos, poñemos o mexillón e cubrimos lixeiramente cunha pouca maionesa.
Para levar a nosa mesa, presentamos aberto ca tapa ó lado. Que cada quen o deguste como queira.
Tedes outro rápido, sinxelo e saboroso pincho, feito cas nosas conservas de calidade.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es