Ir al contenido principal

Bocadiño de anchoa, tomate e mozzarella

Ir á receita en castelán

  • Boliños
  • Anchoas 
  • Queixo mozzarella
  • Follas de leituga
  • Follas de alfábega
  • Tomate rama
  • Pesto
  • Mahonesa
  • Sal en escamas






Collín marcha co tema das conservas e hoxe imos a facer unha con anchoas. Temos que aclarar que as anchoas non son unha conserva exactamente, entra dentro das denominadas semiconservas e por tanto, debemos de telas na neveira.
Nesta receita formamos un trío, que seguramente naceron para ir xuntos pola vida: mozzarella, tomate e alfábega, que completaremos co contraste das anchoas.
Moi sinxelo de execución, partimos os boliños polo medio e na base colocamos unhas follas de leituga, que con anterioridade pasamos polo aceite das anchoas.
Cubrimos con unha rodela de tomate (salgamos ca sal en escamas), rodela de mozzarella, follas de alfábega e un par de anchoas. Salseamos con un prebe, que faremos a partes iguais de pesto e mahonesa.
Podemos presentar cubrindo ca outra parte do boliño ou destapado ca cuberta ó lado.
Como xa vos dixen, unha interesante mestura de sabores e un apetecible petisco.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es