Ir al contenido principal

Paquetes de salmón e repolo

Ir á receita en castelán

  • Supremas de salmón sen pel nin espiñas
  • Follas grandes de repolo
  • 1 tomate
  • 4 patacas
  • 1/2 pemento verde
  • 1 cebola mediana
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Un belisco de bicarbonato
  • Aceite de oliva
  • Pementa e sal


Hoxe imos con outra receita de peixe, neste caso o salmón, que imos a presentar en forma de paquete.
As supremas son pezas que sacamos dos lombos con un corte en forma rectangular.
Non poño cantidades de salmón e follas de repolo, cada quen segundo os comensais, pero de guarnición si. Son aproximadamente para catro persoas.
O tempo de forno irá en función de como vos guste de pasado o salmón, a min gústame que quede por dentro non moi pasado.

O primeiro que faremos, será lavar as follas de repolo e escaldalas en auga fervendo, co belisco de bicarbonato, un par de minutos. Sacamos e pasamos inmediatamente a un recipiente con auga fría e xeo, que teremos preparado, co fin de parar a cocción e que non perda a sua cor verde.
Escoamos ben as follas, incluso as poñemos entre duas follas de papel de cociña para secalas. Cortamos a parte mais grosa do nervio central.
Envolvemos as supremas, salpimentadas, nas follas de repolo secas e reservamos.
Picamos en pequenos cadrados a cebola, o tomate e o pemento, que pocharemos a lume brando e ca cazola tapada.
Cando as verduras estean ben pochadas, incorporamos as patacas cortadas en gallas e salteamos o conxunto uns minutos.
Levamos o conxunto das verduras e as patacas a unha fonte apta para o forno e facemos a 190º, ate que as pataca estean tenras. Nese momento poñemos os paquetiños na bandexa do forno e por riba das patacas. Facemos o salmón entre 10 e 15 minutos. Como xa dixen o tempo vai a depender de como vos guste a textura do salmón. Se o queredes mais pasado, tenredes que aumentar o tempo entre 5 e 10 minutos.
Servimos os paquetiños do salmón por riba da guarnición.
Se vos sobrara algún paquetiño de salmón, podedes usalo para unha cena fría, cortando en rodelas e podedes acompañalo cun marmelo de pemento roxo.
Unha comida con peixe que fai prato único.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es