Ir al contenido principal

Garavanzos con butifarró e sobrasada

Ir á receita en castelán

  • 450 grs de garavanzos cocidos
  • 1 cebola
  • 2 tomates
  • 2 dentes de allo
  • 120 grs de sobrasada
  • 120 grs de butifarró branca
  • 160 grs de costela de porco
  • 70 grs de touciño
  • 3 patacas
  • Aceite e sal



Como moitos de vos saberedes, hai unhas datas estivemos pasando uns días nas Illas Baleares, máis en concreto na illa de Eivissa.
Como non podía ser de outro xeito, unha das miñas curiosidades iba pola gastronomía, tiven a sorte de toparme cunha persoa que me facilitou un montón de receitas que pouco a pouco van a ir vendo luz neste blog.
Un vai un pouco ca idea da dieta Mediterránea, e si, pero tamén unha dieta baseada en pratos contundentes e unha gastronomía baseada nos recursos que lles daba a terra.
Foi unha sorpresa ver que non temos tanta diferencia entre a nosa gastronomía e a eivissenca. Ou polo menos ten moitos puntos en común.
Tal como me deron as receitas, tal as fago e transcribo, se algún/a balear ou eivissenc/a me lee, que me corrixa o que esté mal feito ou explicado.
Para arrancar a receita, picamos a cebola, o allo e o tomate sen pebidas.
Nunha cazola cun pouco de aceite, poñemos a pochar a cebola, no momento que vemos que comenza a estar no seu punto, incorporamos o allo e o tomate. Deixamos facer o conxunto uns minutos.
Mentres se fan as verduras, cortamos en anacos pequenos o touciño e cortamos algo máis grande a costela, o butifarró e a sobrasada.
Incorporamos as carnes as verduras e facemos durante uns 10 ou 12 minutos, sen deixar de remexer. Cubrimos de auga e deixamos facer sobre uns 30 ou 40 minutos.
Chegados a este tempo incorporamos os garavanzos e as patacas en anacos. Facemos ate que as patacas estean feitas.
Listo e para a mesa con un bo pan para mollar.
Cocina mediterránea moi contundente.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es