Ir al contenido principal

Xoubas en escabeche

  • Xoubas
  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 2 dentes de allo
  • 1 folla de loureiro
  • Pementón agridoce de La Vera
  • Aceite de oliva
  • Vinagre
  • Fariña
  • Pementa negra en grao
  • Sal


Xa sei que hoxe non é o día normal de publicación de receita, pero de todos os xeitos ai vai.
O escabeche é algo que, normalmente, gústanos a tod@s. Entón imos a facelo nos na nosa casa é sinxelo, moi saboroso e estaremos recuperando unha das técnicas mais antigas de conservación.
Recuperaremos sabores e teremos un produto de calidade.
Non poño medidas de aceite nin de vinagre, pensade que tedes que ter o suficiente líquido para que cubra todas as xoubas. Co vinagre cada un o seu gusto, a min gústame moi suave, un lixeiro picor.
Comenzamos por limpar as xoubas, salgamos, pasamos por fariña e fritimos no aceite. Reservamos.
No mesmo aceite botamos a cebola, cortada en plumas, a cenoria, cortada en rodelas, o allo, a folla de loureiro e uns grans de pementa negra. Deixamos facer ata que a cebola estea branda, tendo coidado de que non se nos queime.
Retiramos do lume e incorporamos o pementón (unha cullerada aprox.) remexemos, deixamos que perda un pouco de temperatura e incorporamos o vinagre o noso gusto.
É importante que este paso o fagades fora do lume e co aceite atempado, de outro xeito sería problemático.
Volvemos a levar ó lume, uns minutos, para que se mesturen ben os sabores.
Teremos as xoubas nun recipiente axeitado e vertemos sobre elas o contido da tixola.
En realidade servirían para consumir no momento que arrefríen. O meu consello é esperar unhas 48 horas, pasado ese tempo procedemos a retirar as verduras da preparación, deixando unicamente o líquido do escabeche.
O meu consello é o consumo durante unha semana.
Como suxestión de presentación, metemos unhas rebandas de pan no forno para que no lo poña crocante, non tostado, e poremos por riba delas as xoubas escabechadas. O pan vai a gañar moito embebéndose co líquido do escabeche.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es