Ir al contenido principal

Morro de porco prensado recheo de grelos

Ir á receita en castelán

  • 2 Morros salgados
  • Grelos cocidos
  • Sal en escamas ó pementón
  • Aceite de oliva virxe aromatizado con guindillas



Xa está chamando a nosa porta O Entroido e trae unha gastronomía chea de preparacións con porco.
Hoxe quero deixarvos unha preparación ca, posiblemente, parte mais humilde da cacheira: o morro, pero non por iso menos saborosa.
Unha precisión, os grelos poden ser perfectamente de bote, cunha calidade máis que aceptable e que facilita o proceso.
Poñemos os grelos a escoar para eliminar o exceso de auga, se fai falta apertamos un pouco ca man. 
Estamos ante unha receita moi fácil, na que comenzaremos poñendo os morros en auga a desalgar. Cambiaremos a auga cada 12 horas e terémolos nela unhas 48 aproximadamente.
Unha vez desalgados os poñemos a cocer, podemos incorporar un anaco de unto.
Deixamos cocer ate que estean tenros, sobre unha hora e media, máis ou menos. Deben quedar tenros, pero con consistencia.
Sacamos da auga e comenzamos poñendo un dos morros de base botándolle os grelos necesarios. Tratamos de encaixar o segundo morro e colocamos nun pano de algodón.
Para o seguinte proceso necesitaremos a axuda de outra persoa.
Cos morros postos nunha punta do pano, comenzamos a envolver tirando para nos. Pola outra punta, a outra persoa, tirará no sentido contrario ó noso. Imos envolvendo tirando os dous o mas forte posible. Unha vez envolto bridamos e poñemos debaixo de un peso suficiente durante unhas 48 horas. Evidentemente si tes o cacharro de prensar aforras todo este proceso.
Pasado o tempo levamos para a neveira ate o momento de consumilo, que non ten que ser todo no mesmo momento, pois se conserva na neveira.
Eu presenteino con sal en escamas ó pementón e un aceite picante. Resulta un entrante moi agradable. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es