Ir al contenido principal

Empanada de grelos chourizo e xamón

Ir á receita en castelán
  • Grelos
  • Chourizo
  • Xamón
  • 400 grs de fariña
  • 125 ml de aceite de oliva
  • 125 ml de leite
  • 125 ml de viño branco
  • 1 ovo enteiro batido + 1 para pintar
  • sal 




Como estamos en tempo de Entroido, imos a facer unha empanada con ingredientes típicos nestas datas nas nosas mesas.
A empanada admite de case todo no seu interior e é raro topar unha que non estea boa. Nesta o sabor predominante vai a ser o dos grelos que van a facer un contraste moi agradable.
A masa cada quen que a faga como teña costume, a que poño aquí e que fixen eu, é a que figura no libro de Álvaro Cunqueiro, Cocina Gallega, como Masa ó momento.
Esta masa ó non levar lévedo, non necesita espera e pódese usar no momento.
O que temos que facer con algo de tempo, é poñer a escoar os grelos para eliminar o exceso de auga que poidan ter.
Para a masa poñemos nun bol a fariña, que lle faremos un oco no medio. Vertemos todos os líquidos, un belisco de sal e remexemos ata que se integren todos os ingredientes e se poda manexar cas mans. Se vemos que fose necesario imos incorporando algo de fariña.
Dividimos a masa en dúas partes e estiramos unha delas, que poñeremos sobre un papel de forno, que estará xa na bandexa do forno e untado con aceite. Estendemos os grelos pola base da empanada, cubrimos con xamón e por riba do xamón, cubrimos con rodelas de chourizo.
Estiramos a outra metade de masa e cubrimos a nosa empanada, que pintaremos con ovo batido e faremos un burato no centro para que saia o vapor da cocción.
Levamos ó forno prequecido sobre os 190º e teremos sobre uns 30 minutos. A cor da empanada xa nos vai a ir dicindo o seu punto.
Non dubidedes en preparala neste Entroido ou en calquera outro momento.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es