Ir al contenido principal

Arroz cremoso de mexillóns e luras

Ir á receita en castelán

  • Arroz bomba
  • Luras da ría
  • Mexillón de Galicia
  • Cebola
  • Pemento roxo
  • Tomates
  • Viño branco
  • Caldo de peixe
  • Aceite e sal 




Como se acerca a fin de semana imos cun arroz, prato moi recurrente para os xantares familiares de domingo.
Diredes que tiro para a casa, pero no sabor vai a ir que a lura sexa da ría e o mexillón de Galicia. Non digo que con outro material este malo, pero ten a súa diferencia.
Podemos comenzar por poñer a cocer os mexillóns para abrilos. Eu simplemente os poño na pota e deixo que se fagan no seu propio líquido.
Cando estean abertos e cocidos, retiramos da súa concha, escoamos o líquido resultante e reservamos.
Picamos a cebola, o pemento e o tomate sen pel nin pebidas.
Limpamos ben as luras e cortamos en anacos.
Nunha cazola, ancha e baixa, poñemos aceite de oliva a quecer e botamos a cebola picada para que se vaia facendo a lume brando.
Pasados uns cinco ou sete minutos incorporamos o pemento roxo, damos unhas voltas e deixamos facer un par de minutos. Pasado o tempo incorporamos o tomate e deixamos facer a lume lento ate a evaporación do líquido do tomate.
Cando teñamos o noso sofrito no seu punto, incorporamos as luras, remexemos para mesturar e deixamos facer uns minutos. Damos voltas para evitar que se nos pegue o tomate.
Botamos un vaso de viño branco, remexemos e deixamos que se evapore o alcohol. Segundo se vai evaporando vamos a ir vendo que se vai quedando cremoso.
Neste momento incorporamos o arroz e remexemos ben para mesturar. Teremos o líquido reservado dos mexillóns e o caldo de peixe quentes. Regamos co líquido dos mexillóns e completamos ccon caldo de pescado.
Deixamos facer uns tres minutos a lume forte, para continuar a lume lento remexendo de cando en vez.
Cando vexamos que nos quedan uns cinco minutos, incorporamos os mexillóns.
Retiramos do lume e deixamos repousar tapado uns minutos.
Ides a levar a vosa mesa un prato cheo de sabor a mar. Os vosos comensais van a agradecelo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es