Ir al contenido principal

Salmón a baixa temperatura con pasteliños de pataca e Aceite Abril 100% galego

Ir á receita en castelán


Este non é un post patrocinado

O pasado mércores fun invitado, pola empresa ourensá  Aceites Abril, á presentación do seu Aceite de Oliva Virxe Extra, extraído de oliveiras plantadas na súa totalidade en Galicia. Aceite 100% galego.
Atendendo as indicacións dadas, a oliva máis utilizada é a arbequina, que lles permite un cultivo máis intensivo, ademais de adaptarse mellor o noso clima. Pero a picual de crecemento máis tardío, tamén está presente nas súas plantacións.
Aceites Abril ten, neste momento 151 Has. plantadas nas catro provincias galegas, parte delas xa en produción e o resto sobre o 2015.
Pois ben neste evento asistimos a unha cata de aceite e, a min, sorprendeume o sabor deste aceite, un sabor fresco e natural cun lixeiro picor agradable os poucos segundos.
Por ese sabor que eu notei, montei esta receita co Aceite de Oliva Virxe Extra 100% galego de Aceites Abril.
Xa cando o lanzamento de Gotas de Abril fixera outra receita: Montado de tartar de tomate e sandía con pataca e sardiña en aceite con Gotas de Abril
Quixen facer unha receita moi espartana, onde o que predominaran foran os sabores naturais, sen nada que os camuflase. Ó envasar o salmón poderíamos ter introducido un prebe teriyaki, un aceite aromatizado, aneto, etc. Pero non, quería o sabor natural do pescado para que se mesturase co fresco e natural do aceite.
Para a receita necesitaremos: 


Para ó salmón
Lombos de salmón
Para a maionesa
1 xema de ovo
1 dente de allo
Aceite de Oliva Virxe Extra Abril Selección
Sal
Para o pastel de pataca
2 patacas grandes
3 culleradas de maionesa de allo
1 clara a punto de neve
Para emplatar
Aceite de Oliva Virxe Extra de oliveiras galegas Abril
Sal Maldón
Xemas de espárragos verdes 

Comenzamos por preparar os nosos lombos de salmón, sen pel nin espiñas e envasalos ó vacío. Reservamos.
Poñemos a cocer ó vapor as xemas dos espárragos verdes. Cando estean, teremos o aceite galego nun bol e introduciremos nel as xemas dos espárragos.
Nunha cazola poñemos a cocer as patacas con pel. Mentres cocen, imos a facer a maionesa. Picamos o allo (a metade se non a queredes moi intensa), separamos a xema da clara, que reservaremos, e no vaso do batedor poñemos o allo, a xema e sal. Imos incorporando o aceite para facer a maionesa. Non nos interesa moi espesa, pois vai a mesturar cas patacas.
Pelamos as patacas cando se poidan manexar, cortamos en anacos e cun garfo imos chafando ate obter un puré.
Engadimos ó puré as tres culleradas da maionesa de allo, mesturando ben e a continuación a clara a punto de neve. Remexeremos de forma envolvente, co fin de que nos quede unha masa untuosa.
Poñemos a masa resultante nunha manga pasteleira cunha boquilla rizada. Nunha fonte de forno, cuberta con papel de forno, imos facendo os nosos pasteliños.
Levamos ó forno, prequecido a 190º e retiraremos cando vemos que comenzan a tomar a cor do pan. Van a quedarnos cunha lixeira costra por fora e moi suaves no interior.
Mentres os pasteliños están no forno, poñemos auga a quentar e manteremos as bolsas do salmón dentro, a unha temperatura entre 50º e 55º uns 15 minutos (sobre 250 grs de salmón, a máis cantidade máis tempo).
Dúas precisións sobre esto:
1º Hai que ter todo preparado para emplatar, pois arrefría bastante pronto.
2º Debido á baixa temperatura, non se pode rexenerar o que sobre. Debe ser consumido no momento.
Con todo preparado procedemos al emplatado, poñendo unha base con tres ou catro xemas de espárrago, tres pasteliños de pataca e sobre os espárragos o lombo do salmón recen sacado da bolsa. Salgamos con sal maldón e regamos co Aceite de Oliva Virxe Extra de oliveiras galegas de Abril.
Rápido para a mesa e a degustar un prato cheo de sabores naturais. Ides a encontrar unha textura no salmón, que vos van a quedar ganas de repetir
Consello: podemos levar á mesa a botella do aceite, para que ó abrir o pescado botar un fío máis no seu interior. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es