Ir al contenido principal

Restaurante Outarelo - Ourense




Ir á entrada en castelán

Hoxe acerco ó blog un dos sitios de Ourense dos que mais me gustan para xantar fora da casa.
Trátase de un clásico da cidade, que aínda que haxa que desprazarse un par de quilómetros, merece a pena.
A filosofía do local, está garantida pola terceira xeración na cociña do Outarelo.
O Outarelo foi fundado no ano 1981 e o arraigo xeracional, fai que siga sendo un lugar de referencia na comida caseira e tradicional, da terra na que se cociña e de moito respecto ó produto empregado.
Xa postos na mesa, imprescindible a especialidade da casa: o bacallau. Os amantes de este produto non poden deixar de probalo.
Dende o meu punto de vista, son de obrigada proba, as anguías fritas, unha mais que boa ensalada de bacallau, a fideuá que fan cas anguías grandes, a carne richada e as sobremesas caseiras, destacando sobre elas as filloas. Carta ampla e están abertos a comidas por encargas.
Ides a encontrar unhas racións xenerosas, que fan que a relación calidade e prezo estea moi ben compensada.
Quedo cunha frase que no seu día me dixo Gerardo (a terceira xeración) "Chamar chámase Restaurante Outarelo, pero estou orgulloso de que sea unha casa de comidas".

Ficha:
Nome:             Restaurante Outarelo
Dirección:       Camiño Real de Santiago, 9 Castro de Beiro-Ourense 
Días apertura: Luns pechado
                       Martes e mércores de 12,00 a 16,00
                       Xoves, venres, sábado e domingo de
                       12,00  a 23,30 
Teléfono:        988 257 700 (Conveniente reservar o fin de semana)
E-mail:            outarelo@gmail.com  
Prezo medio:  Sobre 25€

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es