Ir al contenido principal

Arroz todo mar (adicada a Bernardino Martínez)

Ir á receita en castelán

Esta receita con moito sabor a mar, quérolla adicar a Bernardino Martínez Castiñeira (Bernardino é arroz, non é paella).
A Bernardino coñecino en Camariñas, no blogtrip no que participei ai uns días. Entre as conversas que tivemos, estivo a de si arroz ou paella, eu fago arroces e non paella. Quedou sentenciado.
Gran coñecedor da súa vila e a Ruta dos Naufraxios, que fixemos e que sen a súa compaña, non tería sido o mesmo.
Historias de naufraxios, de salvamentos, de solidariedade de ese pobo de pescadores cos náufragos, en fin paixón no relato.
Grazas Bernardino por nos teres contado estas historias.
Indo co noso arroz, imos a precisar para 6 pax:


420 grs de arroz bomba
900 ml de caldo feito cas cabezas e peladuras dos langostinos
200 ml de Auga Mareira

600 grs de sepia
500 grs de berberechos
500 grs de langostinos
1 cebola
1 porro
2 dentes de allo
1/2 pemento roxo
2 culleradas de prebe de tomate
1 vaso de viño branco ribeiro
Coma veredes nos ingredientes de esta receita está Auga Mareira. Pois ben, useina para filtrar a terra dos berberechos e os 200 ml (o 20% do total do liquido de cocción) para confeccionar o arroz. Non empreguei sal.

Unhas 3 horas antes de facer o prato, poñemos os berberechos en auga con sal (en este caso fue agua con sal), co fin de que expulsen as areas.
Coma primeiro paso pelamos os langostinos e reservamos as cabezas e peladuras.
Nun cazo poñemos un par de culleradas de aceite de oliva e sofritimos o porro cas cabezas e peladuras. Remexemos e imos premendo as cabezas para que solten o se zume. Cubrimos con auga suficiente e deixamos facer o caldo uns 20 ou 25 minutos. Escoamos e reservamos quente para o arroz.
Picamos os allos, a cebola e o pemento roxo, deixamos facer a lume brando para que se poche ben e non se nos queime o allo.

Unha vez no seu punto as verduras, engadimos as dúas culleradas de prebe de tomate e deixamos facer uns minutos, remexendo, para que se mesturen ben os sabores.
Pasado o tempo incorporamos a sepia, que previamente cortamos en anacos, e deixamos facer uns minutos. Non deixamos de remexer de cando en vez.

Cando a sepia xa está integrada co resto dos ingredientes, regamos co viño branco e deixamos ate que evapore o alcohol. Vainos a quedar cremoso.
Toda esta preparación podemos deixala feita con antelación.
Unha vez que o alcohol evaporou engadimos o arroz. Damos unha voltas para que o arroz se empape do conxunto. Todo o proceso é que os sabores se vaian xuntando para formar una boa harmonía.
Incorporamos o caldo reservado e a Auga Mareira. Deixamos uns 5 minutos a lume forte e pasado este tempo baixamos, para que se vaia facendo de xeito moderado.
Cando vemos que xa lle faltan uns cinco minutos, engadimos os langostinos e os berberechos reservados. Practicamente o tempo de que os berberechos se abran. Non dar moito máis tempo de cocción, pois vanse a poñer duros e van a perder todo o sabor a mar que levan.
Deixamos repousar uns cinco minutos tapado e á mesa sen máis esperas.
Bo proveito Bernardino.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es