Ir al contenido principal

Guiso de boletus con polbo

Ir á receita en castelán

O causante desta receita é o meu bo amigo Rubén Amorín do blog Ni mata ni engorda, que por certo está nomeado para os premios MexilOnseTuits ó mellor blog gastronómico. Sorte Rubén.
 Pois eso, que hai uns días quedamos a tomar un café e apareceu cuns preciosos boletus, traídos do monte esa mesma mañá.
Eu non son un gran especialista en setas (ben, pequeno tampouco), pero había que facer algo con elas.
Xa as tiña confitado en algunha outra receita que despois combinara e como os boletus van practicamente con todo, estiven a ler e rebuscar e decidinme a facer un guiso con patacas e engadirlle polbo. Un mar e montaña que se di.
Pois pa levar a bo termo a receita para catro, precisaremos:

300 grs de boletus
250 grs de patacas
300 grs de polbo cocido
1 dente de allo
1 cebola mediana
1/2 pemento verde
1/2 pemento roxo
Pementón agridoce de La Vera
1 rama de romeiro

Limpamos cun pano humedecido os boletus e sacámoslle as esporas. Cortamos en anacos de bocado, reservamos.
Cortamos as patacas en cachelos, triscando no último momento do corte, reservamos.
Picamos o allo en láminas e a cebola, o pemento roxo e o pemento verde finos.
Poñemos un pouco de aceite nunha cazola e botamos o allo, no momento que comenza a coller cor incorporamos a cebola. Deixamos pochar uns minutos.
A continuación incorporamos á cazola o pemento roxo e verde, que deixaremos facer uns minutos máis.
Cando as verduras estean no seu punto, botamos os boletus en anacos que deixaremos facer uns minutos co conxunto, para a continuación engadir as patacas e refogar todo o conxunto.
Neste momento incorporamos a rama do romeiro e unha culleriña de pementón. Damos dúas voltas e deseguido cubrimos con auga (xa sabedes que se o pementón se queima, estragaríase todo o prato).
Deixamos facer a lume medio uns 15-20 minutos. Cando vexamos que as patacas lle falten uns cinco minutos engadimos o polbo en talladas.
Deixamos facer e se vemos que non engordara o prebe, sacamos un par de anacos de pataca, esmagámolas e volvemos a incorporar ó guiso.
Retiramos do lume e comensais á mesa rápido. Poñer abundante pan para mollar.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es