Ir al contenido principal

Peixe sapo albardado con xamón sobre pisto de cabaza

Ir á receita en castelán

De novo por estes lares tratando de coller o ritmo, que abandonei durante o verao.
Hoxe volvemos con outra receita de peixe con verduriñas, cada vez gústame mais esta combinación. O peixe que imos a cociñar, é o peixe sapo (rape), de rica carne e sabor suave que liga perfectamente con este pisto nada agresivo para o peixe.
Como orientación pos ingredientes, direivos que se trataba sobre un quilo douscentos aproximadamente (xa limpo e listo para preparar).
Entón imos a procurar os seguintes ingredientes:

Peixe sapo (rape)
1 Ceboleta
1 Pemento verde
250 grs de cabaza
Lonchas de xamón
Aceite de oliva
Aceite de pirixel
Ceboliño
Sal en escamas

Limpamos de peles e espiñas o peixe, para despois facer uns medallóns.
Envolvemos cada medallón nunha loncha de xamón e bridamos para que non se nos desfaga. Tamén podedes facelo pinchando con uns pauciños.
Pelamos a ceboleta, quitamos as sementes ó pemento e cortamos ambos en dados pequenos. Pochamos ambas verduras nun par de culleradas de aceite.
Mentres se fan, cortamos en dados pequenos a cabaza, que incorporaremos ó resto das verduras e sofritimos o conxunto ate que estea brando.
Prequecemos o forno a 200º e poñemos os medallóns do peixe sapo nunha bandexa de forno untada con aceite de oliva e regamos cada medallón, cunha gota de aceite por riba.
Cando o forno nos avise, metemos a bandexa no forno, baixamos a temperatura a 180º e deixamos facer entre 12 ou 15 minutos.
No prato de servizo poñemos unha base do pisto e o medallón por riba. Salgamos con sal en escamas, poñemos ceboliño picado e salseamos, lixeiramente o conxunto co aceite de pirixel.
Rápidamente á mesa, non o deixedes arrefriar.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es