Ir al contenido principal

Bodega Régoa na Ribeira Sacra e Xuntanza 2.014

Ir á entrada en castelán

Este pasado sábado, coma todos os últimos sábados de maio, reunímonos aqueles que fixemos COU polo año 1972, antes de onte.
Este ano decidimos que a nosa Xuntanza sería pola Ribeira Sacra e como nexo de unión o noso compañeiro, e amigo, de estudos José María Prieto.
José María é un bodegueiro idealista que está a facer realidade unha utopía na que cre, e que xa é un feito. A Bodega Régoa so comercializa viños de crianza, viños que saen ó mercado con 6 ou 7 anos de estancia, parte de eles, en barrica de roble e de irse facendo co paso do tempo. Esta é a utopía de Bodega Régoa, que estes viños non teñen que ser exclusivamente novos, que poden seguir vivindo máis alá do tempo e transformarse nun viño de moita calidade.
Cando chegamos a Sober, xa estaba José María esperándonos, para comenzar unha xornada que prometía moi interesante e proveitosa. A realidade confirmou estas esperanzas.
Como non podía ser de outro xeito e para comprender estes viños mencía, hai que comenzar por unha visión global do lugar onde se cultivan estes prezados viños.
Como estábamos por Sober fomos ata os miradoiros de Boqueiriño e Cividade, dende onde poidemos ver todo o esplendor de unha zona tocada polos deuses, un espectáculo que gardas na retina por moito tempo e que marchas do lugar co firme propósito de voltar, pero con xente nova para dar a coñecer este tesouro da natureza. Ver ese percorrer do río entre sus ladeiras cultivadas de vides, ver o enclave do convento de Sta. Cristina de Ribas de Sil que emerxe entre a frondosidade do bosque e ver ó fondo o encoro de Santo Estebo, dache unha perfecta visión da magnitude e beleza da Ribeira Sacra.
Despois de pornos en situación, visitamos a Bodega Régoa na que José María Prieto contounos o seu proxecto e como mima con auténtico cariño eses viños que produce.
Actualmente está nunha produción de 25.000 botellas, pero as posibilidades de esa viña de 11.000 Has. chegan ata as 50.000. Os viñedos de Régoa están situados en pleno corazón de Amandi, terras que pertencían os dominios de Sta. Cristina de Ribas de Sil, por iso a situación global era importante para ver os dominios do clero.
Como xa comentei máis arriba, Régoa só fai viños de crianza e actualmente están no mercado con viños do 2.009.
Nestes momentos están á espera de lanzar o Régoa-Iria, un viño de 7º ano (2.008), pero como di José María sen presas. Pode ser 2.015 ou 2.016.
Logo da visita á adega, tocou visitar as viñas que son a orixe de ese milagre que está dentro das botellas de Régoa.
Cando un mira os viñedos da Ribeira Sacra dende o lonxe, dende un miradoiro, pensa que facer a vendima é unha heroicidade, pero cando tes a sorte de visitar uns viñedos e andar entre eles, ves que o da heroicidade quédase corto, vai mas alá.
Pensade que baixamos case ó pe do Sil, tivemos en pouco menos de un quilómetro un desnivel de 250 mts. Os nosos xeonllos e músculos das pernas son notarios do descenso que fixemos.
Estivemos por socalcos nos que apenas cabe unha persoa para facer a vendima, socalcos roubados á ladeira do río.
Soamente o cariño e a paixón polas terras e o seu froito, fan posible tan titánico esforzo.
Cóntanos José María que en tempos pasados, nas vendimas, un home facía catro viaxes ó día, dende a ribeira ata a cima. A min paréceme unha autentica heroicidade. O noso amigo Barreiros facía unha comparación moi gráfica: "sacar viño destas terras, é como sacarlle percebes ó mar".
As viñas de Bodegas Régoa teñen un sistema de raís que facilitan moito a subida dos cestos de uvas, humanizando o traballo da colleita.
José María tivo compaixón de nos e o camiño de volta, costa arriba, fixémolo en todo terreo.
Despois de unha mañá tan activa e instrutiva, non podía por menos que vir un bo xantar. O noso anfitrión escolleu Casa Lelo, en Abeleda, onde ademais de empanada de iscos (de touciño e chourizo), polbo, embutidos da casa, o prato rei foi un espectacular cabrito de Castro Caldelas acompañado, como non, de patacas fritidas e uns pementos fritos de quitar o sentido. Rematamos con sobremesa típica do lugar: bica do Castro.
Para regar todos estes manxares, José María tiña preparada unha cata vertical dos viños de Régoa, dos que fomos captando a gran variedade de matices. Os viños de Régoa son 10% albarello e 90% mencía
Arrancamos co do 2.006, un ano non moi bo pero un viño con frescor e con un agradable retrogusto.
Co 2.007 xa encontramos un viño con corpo con unha cor picota escura e unha graduación de 14º. Tráeme á cabeza o acompañar pescados graxos con este viño. E así fomos dando conta de ano a ano. Dicir que do 2.008 e 2.009 ademais conta con unha tirada de botellas de TN (Tinto Nobre) viños con corpo e nos que todos os matices da terra  e do roble están moi presentes.
Coma traca final, José María reservou a presentación en exclusividade do Régoa-Iria 2008, que como xa dixen estará próximamente no mercado.
Este viño é un capricho do bodegueiro, ten a súa orixe nunhas cepas que dan sobre 1/2 quilo de uvas e criado en barricas novas durante 14 meses. Un espectáculo de sabor na boca e de cor na copa. José María di que aínda lle falta un pouco e que vai sen presas.
Vas polo bo camiño José María.
Despois de algún canto de taberna, na sobremesa, e foto do grupo para o recordo, dimos un pequeno paseo para rematar no embarcadoiro para tomar un refrigerio e partir para as nosas casas ca cabeza chea de belas imaxes e a boca chea de sabores.
Ábrese o período de ideas para a xuntanza do 30 de maio do 2.015.
Grazas e unha aperta para todos os que fixéstedes que fora unha xornada espectacular.