Ir al contenido principal

Polbo en escabeche


Alá polo mes de abril, no diario La Voz de Galicia, publicábase unha entrevista con Matilde Felpeto Lagoa.
A entrevista era por mor da publicación sobre o polbo, no que toca diversos aspectos do mesmo e analiza receitas elaboradas co cefalópodo.
Chamoume a atención o titular da entrevista: "Sumergir tres veces el pulpo en la cocción sólo es un rito".
Despois de ter falado con polbeiras, sempre mantiven o mesmo que di Matilde Felpeto, a pesares que alguén me tivera por ignorante.
Nos só coincido con ela neste tema, tamén en desmitificar o sacrosanto caldeiro de cobre. Estou totalmente de acordo que se usaba por mera comodidade, mantiña o calor máis tempo e polo seu peso era máis doado de transportar.
Pois ben na entrevista daba as notas para facer un polbo escabechado e decidín facela, tardei un pouco, pero este é o resultado.
Nota importante: transcribo literalmente os ingrediente e cantidades que ela pon, pero na casa como non somos moito de vinagre, non fixen a proporción de 2 a 1 que ela fai, fixen unha proporción de 3 a 1. O pementón que use foi agridoce de La Vera
Para o escabeche precisamos:

1 a 1,5 kgs de polbo cocido
100 ml de aceite de oliva de 0,5º
50 ml de vinagre de viño branco
1 cullerada rasa de pementon doce
1 folla de loureiro
2 dentes de allo
1 cayena
5 ou 6 graos de pementa
Sal

Nunha tixola ponse aceite e os allos machacados, o loureiro, a cayena e a pementa. Doúranse os allos e retírase do lume. Ó arrefriar un pouco engádese o pementón. Esperamos e engadimos o vinagre (ollo que este frío o aceite). Cortamos o polbo, e ponse nun recipiente fondo e incorporamos o escabeche. Deixamos de un día para outro para consumilo.
Eu presenteino con unhas patacas cocidas e regadas con escabeche, ou é un perfecto ingrediente para unha fresca ensalada.
Podedes probalo, seguro que lle dades un montón de aplicacións.
A min gustoume moito.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es