Ir al contenido principal

Pescada o forno con aceite de pementón

Ir á receita en castelán

Volvemos outra vez cunha receita de pescada, sigue a estar a moi bo prezo, e ademais a min gústame bastante.
Imos a facer, nesta ocasión, unha receita moi sinxela e a súa vez rápida e económica.
Non vou a poñer cantidade de merluza, como vai en rodelas vos mesmos marcades as cantidades en función dos comensais. As rodelas da pescada un pelín mais grosa que para fritir.
Entón imos a procurar:

Pescada fresca
2 dentes de allo
Pirixel fresco
Aceite de oliva
Vinagre de viño branco
Pementón agridoce da Vera
Pementa negra e sal

Coma xa dixen cortamos a pescada en rodelas un pouco máis grosas que si fosen para fritir. Poñemos as rodelas nunha bandexa de forno y salpimentamos. Votamos sobre a pescada o pirixel picado e un pequeno chorro de vinagre.
Reservamos.
Poñemos o forno a prequecer a 180º.
Pelamos os dentes de allo e cortamos en láminas (que non sexan moi finas). Poñemos aceite nunha tixola e douramos o allo, no momento que vemos que o allo empeza a tomar cor, apartamos a tixola do lume e incorporamos pementón. Remexemos para que se mesture.
Votamos o aceite cos allos e o pementón nun recipiente de cristal e deixamos que as partículas de pementón que queden se vaian ó fondo, deste xeito usaremos unicamente o aceite e os allos limpos de restos de pementón que nos poden dar un lixeiro sabor amargo.
Aceitamos as rodelas de pescada co aceite (reservamos un pouco) e levamos ó forno entre 15 e 20 minutos.
Eu como guarnición fixen unhas patacas en rodelas, fritidas a media temperatura. Reguei as patacas co aceite de pementón reservado.
Un espléndido prato que, con toda seguridade, vai a gustar na vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es