Ir al contenido principal

Cornetes de salmón e #salmon2014 en A Estrada

Ir á receita en castelán

O vindeiro sábado asistirei á 41 Festa do Salmón en A Estrada. Alí desfrutaremos de preparacións culinarias con este saboroso peixe e asistiremos ó concurso da súa pesca, co disfrute que ten o andar pola veira do rio. Aínda nada e sube por algún dos nosos ríos galegos.
Pois ben, a receita que vos deixo hoxe será a miña aportazón as preparacións feitas con salmón e que penso que visualmente é moi chamativa. Aclarar que uso salmón afumado para conseguir o efecto desexado, pero non deixa de ser salmón. Imos a facer dúas preparacións distintas, que xuntas van a darnos unha mestura de sabores, que penso boa.
Para a preparación de uns 10 ou 12 cornetes, precisaremos:

PARA O SALMÓN
200 de queixo de untar
100 grs de noces peladas
150 grs de salmón afumado
1 mango
1 cullerada de café de menta
1 cullerada de café de ourego
Cornetes minis de galleta para xeado
PARA EL GUACAMOLE
500 grs de aguacate
25 grs de ceboleta
25 grs de tomate maduro
Pirixel fresco
Zume de medio limón
Pementa roxa
Aceite de oliva e sal

Comenzamos  por preparar o guacamole, e para elo picamos a polpa dos aguacates e regamos co zume do limón (para evitar a oxidación). Picamos fina a ceboleta e o tomate sen pebidas, que engadimos ó aguacate. Facemos o mesmo co pirixel que tamén engadimos o mesmo que a pementa roxa e un chorro de aceite de oliva. Reservamos ó fresco.
Agora imos a preparar o que será a bola do cornete, e para elo, nun bol, imos a mesturar o queixo co ourego. A esta mestura engadiremos o mango cortado en pequenos cadrados, as noces picadas e a menta. Facemos que se integren ben todos os ingredientes.
Forramos un molde ou cubitera de forma redondeada con anacos de salmón afumado que sobresaia, enchemos con unhas boliñas da mestura, pechamos co salmón que sobresae e deixamos na nevera, ó menos unha hora antes de ser servido.
Chegada a hora de servizo, enchemos os cornetes (non enchelos con antelación, pois abrandaría a galleta) co guacamole e pechariamos o cornete ca bola de salmón recheo de mango.
Podemos adornar con unhas noces e saborear esta interesante mestura de sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es