Ir al contenido principal

Falsa ensalada Waldorf

Ir á receita en castelán

Imos a seguir cas ensaladas, pois xa empezan a apetecer. Neste caso falseamos unha das ensaladas máis famosa da historia: a ensalada Waldorf.
Esta ensalada foi creada a finais do século XIX, no hotel de New York que da o nome ó prato, o Hotel Waldorf Astoria.
Eu voume a permitir algunha licencia sobre a receita orixinal. Non vai a levar apio, e pola contra vou a introducir polo. Sei que os cociñeiros do Waldorf que a idearon, seguro que me perdoan.
Pois ben para preparar esta refrescante ensalada, necesitaremos:

1/2 peituga de polo
Uvas brancas sen pebidas
Noces peladas
1 mazá Royal Gala
Maionesa
1 Limón
Follas grandes de leituga
Sal e pementa   

Cocemos a peituga de polo en auga con sal, escoamos, deixamos arrefriar e cortámola en dados pequenos.
Lavamos ben as uvas e cortámolas pola metade.
Picamos groseiramente as noces peladas (reservamos algunha para adornar) e cortamos en láminas finas a mazá, conservándolle a pel.
Nun bol poñemos o polo, as uvas, as noces, a mazá e salpimentamos. Botamos por riba un par de culleradas de maionesa e esprememos por riba medio limón. Removemos ben e poñemos sobre as follas de leituga lavadas.
Poñemos por riba algunha das noces reservadas enteiras.
E xa temos unha fresca e deliciosa ensalada para estes calores que nos empezan a chegar.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es