Ir al contenido principal

Causa limeña

Ir á receita en castelán

Fai un mes, asistín a un Taller de Cociña Peruana que organizou Rubén Amorín de Ni mata ni engorda, en colaboración con Constantino Iglesias de SG Tino Iglesias Servicios Gastronómicos e que foi impartido polo cociñeiro peruano Luis Martín Bouchón
Pois ben como consecuencia dese Taller, ven a receita de hoxe: Causa limeña. En posteriores entradas haberá de ceviche, que tamén foi obxecto do taller.
É a Causa Limeña un prato típico da gastronomía peruana, que parece ter unha orixe precolombina.
De teorías sobre a súa denominación, eu quero quedarme ca mais romántica, solidaria e literaria.
Parece ser que foi ca chegada do libertador José de San Martín e para colaborar economicamente os gastos militares, nas esquinas das rúas limeñas vendíase este prato para axudar á CAUSA pola independencia. O cal orixinou o seu nome.
Para a elaboración deste prato, imos a precisar:

1 quilo de patacas
1/2 quilo de carne de polo (usei peituga)
2 ovos
Ají amarelo
Allo
Apio
Maionesa
Olivas
Aceite
Sal e pementa

Arrancamos a elaboración cocendo as patacas con pel.
Ó mesmo tempo poñemos a cocer, tamén, a carne de polo con un dente de allo partido, unha rama de apio e sal.
Deixamos que as dúas preparación teñan temperatura de manipulación, e pelamos as patacas e facemos un puré con elas, ó que lle engadiremos aceite, sal, pementa e ají amarelo (ollo co picante).
O polo cocido desmiuzámolo cas mans e mesturamos co apio picado e ca maionesa. Mesturamos ben os elementos.
Facemos unha base de puré de patacas, reenchemos ca mestura do polo e cubrimos con outra capa de puré. Podemos presentalo de distintas maneiras, eu optei por cubrir un conco con plástico alimentario e facer a mestura nel. Deixámolo un tempo na neveira e damos a volta no prato de servizo.
Decoramos co ovo e as olivas.
Un estupendo prato que fará as delicias dos voso comensais. Insisto unha vez máis, ollo co picante do ají, sobre todo se hai nenos.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es