Ir al contenido principal

Xamonciños de polo curral con piñóns

Ir á receita en castelán

Xa había algún tempo que non faciamos nada con polo. Para esta ocasión escolllemos unha das partes nobres: os xamonciños.
Para esta receita uso o produto de curral que nos ofrece a empresa Ourensana Coren. Un polo que se cría ó aire libre e que recibe unha alimentación 100% vexetal, baseada principalmente no millo.
Na confección da receita, a cebola vai a queimarse un pouco, pero imos a conseguir o contrapunto co uso de un Pedro Ximénez, que nos vai a caramelizar a cebola e esta a súa vez conservar un punto de amargura, ademais de darnos cor o prebe. Penso que é unha moi boa convinación de sabores.
Pois metidos en faena imos a precisar para dúas persoas:

4 xamonciños de polo curral Coren
1 dente de allo
1 cebola
2 culleradas de Pedro Ximénez
200 ml de viño branco
25 grs de piñóns
Aceite, sal e pementa.

Pelamos o allo e a cebola e cortamos en dados pequenos, que poremos a pochar en dúas culleradas de aceite de oliva.
Salpimentamos os xamonciños ó gusto e poñémolos ca cebola e o allo ata que se douren por todos os lados.
Engadimos o Pedro Ximénez e os piñóns. E xa a continuación o viño branco.
Tapamos e deixamos facer a lume brando durante uns 35 minutos, dándolle a volta un par de veces para impregnar ben de sabor.
Servimos quente e levamos á mesa un prato con moito sabor. A guarnición o voso antollo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es