Ir al contenido principal

Solombo de porco Selecta con patacas confeitadas e manteiga de mostaza

Ir á receita en castelán

Esta é outra receita feita con carne de cerdo Selecta da empresa Coren.
Imos a conxugar o sabor da carne, con unhas patacas case cocidas en aceite e unha manteiga aromatizada con mostaza e romeiro. O resultado é máis que aceptable.
Teremos en conta que o punto crítico da receita, é o momento de facer a carne, non se debe de pasar moito pero ollo é carne de porco e tampouco debe de quedar crúa.
Imos a precisar:

1 Solombo de porco Selecta
4 Patacas medianas
125 grs Manteiga
2 Culleradiñas de Mostaza
Aceite de oliva
Follas de romeiro
Sal Maldon

Pelamos as patacas e cortámolas en rodelas de medio cm. aproximadamente. Poñémolas no aceite, que teremos a unha temperatura de 60º-70º, e deixaremos, cubertas por o mesmo, uns 50 minutos aproximadamente. Si vésemos que sube a temperatura, baixamos o lume e incluso apartamos do mesmo uns minutos.
Mentres se fan as patacas e xa ca manteiga con textura de pomada, mesturámola cas dúas culleriñas de mostaza e as follas de romeiro picadas.
Removemos ben até que se integren os ingredientes.
Estiramos un film de uso alimentario poremos sobre o mesmo a manteiga. Dámoslle forma redondeada e envolveremos para que colla forma, envolvemos os extremos como se fose un caramelo.
Levamos a neveira para que volva a tomar corpo.
Cando as patacas estean no seu punto, subimos a lume e deixamos que se pouren un pouco por fora. Reservamos. Imos a ter unhas deliciosas patacas que seran coma crema por dentro.

Ca manteiga xa con corpo, cortamos unas rodelas que poremos a temperatura ambiente.

Limpamos o solombo de peles e grasillas e cortamos unhas rodelas de un par de cms. aprox.
Nunha prancha untada co mesmo aceite de confeitar as patacas, poñemos o solombo a facer (o tempo en función do pasada que se queira a carne) para que colla unha bonit cor.
Mentres se fai o solombo, imos poñendo unha base cunhas poucas patacas e salgamos, poñemos unha porción de solombo, salgamos por riba unha rodela de manteiga.
A manteiga irase derretendo co calor da carne e impregnará a mesma e as patacas.
A manteiga derretida depositarase no prato e nela mollaremos a carne e as patacas que comeremos.
Servir ben quente.



Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito