Ir al contenido principal

Sardinilla con tartar de tomate e sandía

Ir á entrada en castelán

Como prometín na anterior entrada, vai outra receita con conservas galegas para a mesa das nosas festas de Nadal e para as #RecetasSolidariasParaNavidad.
Neste caso imos por en valor as sardinillas, para min unha das conservas máis saborosas.
Para esta sinxela receita necesitaremos:

Sardinillas en aceite de oliva
PARA O TARTAR
3 tomates pera
1/2 cebola mediana roxa
150 grs de polpa de sandía
1 cullerada de aceite de oliva
Unhas gotas de zume de limón
Sal e pementa

Cortamos os tomates (sen pebidas), a cebola e a sandía, en brunoise, mesturamos, salpimentamos e regamos co aceite e o zume de limón. Reservamos a temperatura ambiente para que se macere un pouco.
Abrimos a lata das sardinillas.
Montamos cun aro cortapastas un pequeno montón de tartar e colocamos unhas sardinillas sobre o mesmo.
Penso que é unha gran mestura de sabores, de unha elaboración que non pode ser máis sinxela e simple e de un moi baixo coste.
Servimos a temperatura ambiente.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es