Ir á receita en castelán
Xa sabedes que o día 19 do pasado mes de outubro, celebramos en Maceda (Ourense) e no Castelo de Maceda, a III Xuntanza de Bloggers Gastronómicos de Galicia.
Xa sabedes que o día 19 do pasado mes de outubro, celebramos en Maceda (Ourense) e no Castelo de Maceda, a III Xuntanza de Bloggers Gastronómicos de Galicia.
Pois ben, esta tosta pretende ser un
agradecemento a Coren, Aceites Abril e Ponte da Boga colaboradores cos
seus produtos nesta Xuntanza. Agradecemento a Carlos Parra polo seu ben
facer ó fronte da cociña do Castelo de Maceda e por todas as facilidades
que nos deu para celebrar esta Xuntanza. E por suposto de agradecemento a
todos os bloggers participantes, que sen a súa presenza de nada
houberan valido os esforzos de colaboradores, cociñeiro e organizadores.
É unha tosta moi sinxela, pero chea de matices e sabores e necesitaremos:
Xamón Selecta Coren
Aceite de oliva virxe extra Abril
Boletus edulis
Romeiro
Romeiro
Sal Maldón
Pan de Cea
Maridaxe con Mencía Ponte da Boga
Coma primeiro paso procedemos a limpar ben os boletus e cortamos en anacos.
Poñemos
o aceite de oliva virxe extra Abril a quecer sen que pase dos 50-60
grados e poñemos os boletus a confeitar, ca rama do romeiro, durante unha hora aproximadamente a lume
moi morno, para que o aceite non suba de temperatura.
Cortamos o xamón Selecta Coren en lascas.
Sobre
a tosta poñemos as lascas do xamón, que acompañaremos dos boletus
confeitados e deixaremos que ese aceite dos boletus, nos molle o pan e o
xamón.
Servimos a tosta acompañada de unha copa de mencía Ponte da Boga.
Esta é unha tosta de #comamoscomagalegos.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito