Ir al contenido principal

Soufflé de queixo (Receitas de película)

Ir á receita en castelán

Nestes días estase a celebrar en Ourense o Festival de cine OUFF. Ó mesmo tempo en distintos restaurantes da cidade, faise unha oferta gastronómica para comer de cine.
Pois ben esta receita, moi concorrida pola rede, é a que Audrey Hepburn aprende a facer na famosa escola de cociña Le Cordon Bleu.
A película é do xenial Bily Wilder e a actriz ten coma compañeiros de rodaxe a dous "principiantes", Humphrey Bogart e Wiliam Holden.
Esta receita é a miña pequena achega a este Comer de cine do Festival de Ourense OUFF.
Para esta coñecida receita necesitaremos:

300 / 400 ml de leite
40 grs de manteiga
40 grs de fariña
100 grs de emmental relado
3 xemas de ovo
5 claras de ovo
Pan relado
Pementa branca e sal

Relamos o queixo e reservamos. Nunha cazola poñemos a fundir a manteiga á que engadiremos a fariña para facer un roux. Deixamos facer un par de minutos.
Imos engadindo a leite os poucos e remexendo cunhas varillas até conseguir unha bechamel sen grumos e non moi espesa, salgamos e moemos pementa branca. Cubrímola con film que estea en contacto ca bechamel para que non colla costra e deixamos arrefriar.
Poñemos a prequecer o forno a 210º e mentres montamos as claras a punto de neve forte e reservamos.
Engadimos as xemas á bechamel e mesturamos ben até que estean completamente integradas, a continuación incorporamos o queixo relado.
Á mestura anterior engadimos as claras a punto de neve, que iremos mesturando de abaixo para arriba, co fin de que non perdan volume.
Engraxamos con manteiga uns moldes individuais e espolvoreamos cun pouco de pan relado. Enchemos as 3/4 partes e poñemos na parte baixa do forno uns 18 ou 20 minutos, até que inflen e teñan a superficie dourada.
É moi importante non abrir a porta do forno durante o proceso, pois non subirían.
Servilos inmediatamente despois de sacar do forno.
Tedes un entrante de cine nas vosa mesas. Se queredes un sabor máis intenso podedes usar un queixo máis forte que o que se indica na receita.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito