Ir al contenido principal

Sopa minestrone con gambas

Ir á receita en castelán

Bo día amig@s, aínda que non faga moito frío, nestes días chuviosos xa empezan a apetecer os pratos de culler.
Antes de meternos en profundidades contundentes, podemos empezar por unha lixeira sopa, que non por iso menos saborosa.
Esta sopa é un prato típico da cociña italiana. É unha tradicional sopa de verduras, á que se lle engade algún tipo de pasta. Neste caso ademais da pasta tamén lle engadín unhas gambas e o resultado é o que vedes.
Para comenzar teremos que provernos do seguinte:

100 grs de pasta
1 porro
50 grs de ervellas
1 cenoria
1 cabaciña

1 ceboleta tenra
100 grs de champiñóns laminados
16 gambas

1 lima
unhas ramas de pirixel fresco
sal e pementa
aceite de oliva
 

Pelamos as gambas. Reservamos as cabezas e as peladuras. Poñemos as colas en maceración con sal, 2 culleradas soperas de aceite de oliva e o zume da lima.
Cocemos as cabezas e as peladuras reservadas en 1/2 litro de agua aprox. durante 5 minutos.

Mentres, sofritimos nun pouco de aceite a cebolla cortada
en dados pequenos e o porro.
Cando vemos que a cebola e o porro están, engadimos a cenoria e a cabaciña cortados en dados pequenos e as
ervellas. Deixamos cocer uns 5 minutos máis.
Mollamos as verduras co caldo das cabezas das gambas
escoado e deixamos que ferva uns 5 minutos para que se integren os sabores.

Engadir a pasta e cocela seguindo as instrucións do fabricante.
Mentres se coce a pasta, refogamos os champiñóns cun pouco de aceite e o zume da maceración das colas de gamba durante 3 minutos.

Cando lle falten uns dous ou tres minutos á sopa, engadimos os champiñóns salteados e as colas das gambas.
Terminamos a cocción e servimos quente.
Unha forma estupenda de comenzar unha rica comida.
Non teño costume aconsellar viño para os pratos, pero nesta ocasión un Albariño Morgadío iría ó pelo, pois o sabor afroitado do viño combinaría perfectamente ca mestura de verduras e marisco da sopa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito