Ir al contenido principal

Macarróns gratinados con bacallau

Ir á receita en castelán

Hoxe tócalle a quenda ó bacallau. Peixe, que na súa forma de salgadura, é moi popular e consumido en Galicia e Portugal. A súa presenza en fresco agora é habitual a diario, incluso está á venta xa desalgado. Nunha ocasión que me vin apurado, recorrín a el e foi moi ben.
Xa vos teño contado que eu son un reconvertido ó bacalao, ó igual que Saulo eu tamén caín do cabalo. Foi isto en Extremadura, xa fai anos, máis concretamente en Villafranca de los Barros. Nunha taberna, o taberneiro sentouse con min á mesa e unha cazola de bacallau en tomate. Díceme: ai che queda, o teu vai a ser como os xudeus conversos.
Xa que falamos de La Tierra de Barros, merece a pena ter en consideración os viños emerxentes de Ribera del Guadiana. Zona eminente vitivinícola que aposta pola calidade.
Noutro momento falamos de Extremadura, tomates, arroz, porcos, aceite, etc.
Ó que imos, para esta receita precisaremos o seguinte:



350 g de macarróns
125 g de bacallau desalgado
1 cebola

60 g de olivaas verdes e negras sen oso
3 ou 4 tomates secos
Pirixel picado
70 g de queixo parmesano relado
250 grs de bechamel para napar
1 vasiño de viño branco
1 belisco de canela
Aceite
Pementa
Sal
 


Poñemos o bacallau a ferver en agua. No momento que rompe o fervor deixamos dous minutos e separamos do lume. Deixamos atemperar o bacallau na auga. Unha vez que sirve para manipular, desfacemos en lascas eliminando a pel e as espiñas.
Fervemos os macarróns (mellor que queden ó dente) o tempo que indique o paquete, escoamos e pasamos por auga fría. Reservamos.


Nun cazo quentamos aceite e pochamos a cebola picada até que estea dourada. Incorporamos o pirixel, as olivas cortadas en anacos pequenos e os tomates secos cortados en tiras, damos unhas voltas para integrar. Incorporamos o bacallau e mollamos co viño branco.

Deixamos que evapore o alcohol, sen deixar de remexer agregamos a bechamel, o belisco de canela e a pementa, incorporamos a metade do queixo relado e cando se funda, incorporamos os macarróns. Remexemos con coidado para que a pasta non se rompa.
Empratamos ca axuda de aros e cubrimos co resto do queixo. Metemos no forno a gratinar.
Podemos presentar cun pouco de ceboliño picado.
Bacallau, queixo, tomates, canela; o sabor non vos vai a deixar indiferentes.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito