Ir al contenido principal

Arroz con carne de porco Selecta. Receitas Selecta

Ir á receita en castelán

Doulle unha volta a unha receita que xa fixen fai algún tempo, pero nesta ocasión usando carnes de porco da marca Selecta de Coren. Trátase de porcos alimentados de xeito tradicional con castañas. Unha carne de produción galega e que consigue o certificado de Produto Galego de Calidade.

Pois aí vai o que nos faría falla para 4 racións, aproximadamente, cada quen o que máis lle guste:

300 grs de arroz bomba
200 grs de lombo de porco Selecta Coren
1 chourizo de Selecta Coren
200 grs de touciño
1 cebola
3 dentes de allo
1 tomate
100 ml de viño branco Ribeiro
Pementón agridoce de La Vera
Aceite de oliva, sal e pementa

Coma primeiro paso coceremos uns minutos o chourizo nunha pouca auga, para quitarlle o exceso de graxa e non nos estrague o arroz ca mesma.
Quitámoslle o coiro ó touciño e picamos en tiras, cortamos en dados o lombo e en rodelas o chourizo xa cocido.
Picamos a cebola, os allos e relamos o tomate.
Nunha cazola, cun pouco de aceite, engadimos o touciño e o lombo e deixámolos facer até que comencen a dourarse. A continuación engadimos o chourizo e deixamos facer un par de minutos.
Retiramos as carnes e no mesmo aceite facemos a cebola e os allos.
Cando a cebola e os allos estean feitos, incorporamos o viño branco e deixamos que se evapore e reduza. Engadimos o tomate relado e deixamos facer uns 5 minutos sen deixar de remexer. O cabo do tempo engadimos o arroz que saltearemos un par de minutos.
Botamos o pimentón e a auga quente en cantidade necesaria para o arroz empregado. Remexemos e incorporamos as carnes reservadas. Salpimentamos e deixamos facer até que o arroz estea no seu punto. Deixamos repousar uns minutos e á mesa.
Evidentemente non é un prato de dieta nin anticolesterol, pero de vez en cando coma que apetece.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito