Ir al contenido principal

Raviolis os catro queixos con prebe boloñesa e champiñóns

Ir á receita en castelán

Levo un pouco de tempo medio desconectado, pero aínda ando por aquí. Non me esquezo da cociña nin de vos, pero é que o tremendo calor que leva feito, como que me aparta do calor do forno e a cociña.
Seguindo un pouco na liña da derradeira receita, hoxe traemos outro prato de moi fácil execución e no que aproveitaremos para cociñar preparados que nos ofrece o mercado. Iso si, procurade que sexan de calidade.
Entón para iste rápido e fácil prato procuraremos:

1 bandexa de raviolis os catro queixos

1 bote de prebe boloñesa
200 grs de champiñóns
1 dente de allo
Pirixel, aceite e sal

Cocemos a pasta seguindo as pautas do fabricante, pero como consello a auga non debe ferver forte, para evitar que os raviolis se rompan.
Cortamos os champiñóns en láminas e salteámolos nunha tixola cun pouco aceite, os poucos minutos engadimos o allo e o pirixel picados. Refogamos un par de minutos.
Engadimos o prebe boloñesa, os champiñóns e deixamos facer uns 10 minutos aprox.
Mesturamos os raviolis escorregados co prebe boloñesa con champiñóns.
Emplatar e disfrutar de un prato moi sinxelo e de moi rápida execución.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito