Ir al contenido principal

Berenxenas recheas de bonito e gambas

Ir á receita en castelán

Cando chegamos a estes calores, parece que apetece menos prender o lume para facer pratos un pouco enredados. Por iso imos con cousas de pouco tempo na cociña ou incluso ímonos meter con pratos para as ceas, que faremos sen usar o lume.
Pois ben, facendo caso a estas premisas hoxe imos a cociñar unhas berenxenas recheas, fácil, relativamente rápido e saboroso. Unha pega ten lume e forno.
Pois para 4 persoas precisaremos:

4 berenxenas
3 latas de bonito
200 grs de colas de gambas
500 grs de tomate
1 pemento vermello
1 cebola
Queixo parmesano relado


Procedemos a lavar ben as berenxenas, partímolas ó medio e cocémolas. Cando estean brandas (pero non demasiado para que non se rompan) escóanse ben e ca axuda de unha culler francesa, sacamos a polpa e reservámola.
Nunha tixola con aceite de oliva, fritimos a cebola finamente picada e deixamos que tome cor. Engadimos o pemento, tamén picado fino, remexemos e deixamos hacer uns minutos. A continuación incorporamos o tomate e deixamos facer até a eliminación do exceso de auga.
Cando temos o sofrito ben refogado, botamos as gambas (reservando unhas poucas para decoración), o bonito escoado e a polpa da berenxena ben picada.
Mesturamos ben a farsa e enchemos as berenxenas con ela, poñendo por riba as gambas reservadas e o queixo relado.
Levamos ó forno prequecido a 200º, uns 15 minutos. Gratinamos para que collan unha bonita cor dourada.
Xa temos un completo prato para levar a nosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito