Ir al contenido principal

Tapas&Blogs no Hotel Hesperia da Illa de A Toxa

Ir á entrada en castelán

Como xa estaredes máis que informados, os pasados días sete e oito, xuntámonos no Hotel Hesperia da illa de A Toxa, un pequeno grupo de Tapas&Blogs Galicia.
O obxectivo principal era asistir a un taller de arroces e coñecer de antemán, os cambios a efectuar na súa carta. No aspecto persoal, por unha banda saudar os coñecidos e por outra o sempre interesante e enriquecedor, que é o coñecer a novas persoas que se incorporan a estes eventos.
Ó chegar ó hotel fomos recibidos por Mónica Fraga, directora do hotel e por Mónica Tilve, a xefa de ventas.
Tras a chegada de todos tivemos unha recepción no "Acueducto arroz&tapas", onde nos transmitiron o novo concepto co que pretenden atraer os seus clientes.
Observo na carta unha proposta moi pegada á terra, unha carta baseada no produto de terra de mercado e sobre todo nos produtos de calidade que o mar, que teñen a escasos metros lles ofrece.
Aspecto moderno do local e un grato ambiente que invita a degustar o que "Acueducto arroz&tapas" nos ofrece.
Logo do intercambio de opinións, pasamos directamente á cociña do hotel, onde nos estaba esperando o seu xefe de cociña, o cheff galego José Antonio Álvarez, para proceder ó taller de elaboración de arroces.
Xa metidos en faena, elaboramos tres tipos de arroces un seco de verduras, un meloso de polbo e rape e un caldoso de mariscos. Estes tres tipos de arroces representan a súa filosofía, que pretende reflectir na súa carta: terra e mar con produtos de calidade.
Encontramos a un cociñeiro que non gardou segredos e respondeu con paciencia a todas a nosas preguntas e curiosidades.
Recalcou o importante de usar produtos de calidade, para a obtención de un prato final cheo de sabores, aromas e matices.

Medidas que nos deu José Antonio Álvarez para os tres arroces:
5 de auga por 1 de arroz para os caldosos
4 de auga por 1 de arroz para os melosos
3 de auga por 1 de arroz para os secos
Unha vez confeccionados os arroces, procedemos a súa degustación, non sen antes pasar por unhas tostas que nos tiñan preparadas.
Nin que dicir ten que os tres arroces quedaron fantásticos, pero eu quedo con sabor do caldoso de mariscos.
Ó día seguinte desfrutamos do ofrecemento que nos fixeron de un almorzo saudable e antiox, en liña ca súa oferta termal e de spá.
Teño que confesar que o meu almorzo moi antiox non foi, mea culpa.
Para quen quixera, tamén nos ofreceron o uso das instalacións de baño.
En fin, un estupendo evento e unha máis que agradable compaña; tanto das persoas coñecidas, coma das novas que acudiron por primeira vez a un Tapas&blogs Galicia.
Grazas a todo o equipo directivo do Hotel Hesperia Isla de la Toja, ó equipo de cociña e a todo o persoal, que conseguiron que disfrutásemos de un estupendo evento
Até a próxima.
Outros post sobre o evento:
Sandra Novo: Galletas para Matilde
Berta Castro: El sabor de lo dulce 
Estela Portela: Lares y mares 
Victoria Morales: Taller de azúcar 
Alberto Rivas: Mais grelos 
Tapas&Blogs 
Si se me escapou algún, agradezo o comentario para incluilo. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito