Ir al contenido principal

Mousse de fígado de rape con marmelada de pemento roxo.

Ir a receita en castelán

Xa hai algúns días que teño abandonado este blog, pero estiven en outras ocupacións.
Hoxe retorno cunha receita da miña boa amiga Loly Llano e que ela publicou no seu estupendo blog O Garfelo, blog que vos aconsello que visitedes.
Pois a partir da receita de Loly o que fixen foi un entrante para un aperitivo mas que resultón.
Normalmente nas peixerías desfanse do fígado do rape, cando limpan o peixe para os seus clientes. Soamente lle  tedes que dicir a vosa peixeira que vos garde algúns fígados.
Pois postos mans á obra imos a precisar:

PARA A MOUSSE

150-200 grs de fígado de rape
200 grs de tona líquida para montar
1 clara de ovo
3 follas de xelatina neutra
Unha herba aromática
Sal e pementa
PARA A MARMELADA
200 grs de pementos roxos
100 grs de azucre
3 culleradas de vinagre
4 culleradas de auga

Poñemos as follas de xelatina a hidratar nun bol con auga fresca.
Limpamos os fígados das venas que poida traer, así como de algunha posible telilla. Como ben nos di Loly, non importa que se rompan.
Cocemos os fígados, xunto ca herba aromática que escolleramos, uns 10 minutos. Escoamos, salpimentamos e reservamos.
Quentamos a tona, incorporamos as follas de xelatina xa hidratadas, remexemos até que se desfagan. Incorporamos os fígados reservados e batemos esta mestura até que nos quede unha crema ben fina. Probamos e rectificamos de sal e pementa.
Montamos a clara a punto de neve e incorporamos con movementos envolventes á crema anterior.
Vertemos a mestura, ben en moldes, previamente untados con manteiga, individuais ou nun molde mais grande e cortades porcións.
Para a marmelada de pementos, picamos en anacos pequenos o pemento e poñemos nun cazo xunto co azucre, o vinagre e a auga. Deixamos facer lentamente, até que o pemento estea brado. Pasamos polo batedor e xa temos a nosa marmelada lista para todos os usos que lle queirades dar (con queixo crema está espectacular).
Para a presentación tostei unhas rebandas de pan e cun molde corta pastas fixen redondeles de pan, co mesmo molde puxen a mousse por riba e rematei cunha pouca marmelada por riba. Preparar poucos minutos antes de servir.
Excelente mestura de sabores, que lle van a agradar os vosos invitados.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito