Ir al contenido principal

Solombo de porco con chutney de peras e xenxibre


Ola de novo a tod@s, hoxe imos a preparar un clásico, solombo de porco, pero imos a darlle un toque distinto ó  acompañalo de un chutney cheo de sabores e matices.Pois poñemos mans á obra e imos a procurar:

2 solombos de porco (uns 800 grs)

1 cebola mediana
2 peras
1 lima
1 dente de allo
40 grs de xenxibre
50 grs de azucre
Pementas variadas
20 ml de vinagre de mazá

Aceite de oliva
Sal en escamas

Comenzamos picando mda a cebola e a pochamos nun pouco de aceite.
Mentres pelamos as peras e picámolas en anacos pequenos, que regaremos co zume da lima.
No momento que vexamos que a cebola está transparente, engadimos as peras, a raíz do xenxibre aberta polo medio, o dente de allo e as pementas variadas (se os vosos comensais non as admiten en bolas, farémolo cuns catro ou cinco golpes de muíño).
Remexemos o conxunto e pasados dous ou tres minutos, incorporamos o azucre e o vinagre. Deixase facer ata que adquira a textura de marmelada. Salgamos e reservamos.
Se sodes aficionados a gardar en botes, podedes facer máis cantidade de chutney e gardalo en botes esterilizados, tal e como teñades costume facer e así disporedes del en calquera momento.
Porcionamos o solombo e marcamos por todos os lados ata que estea no punto desexado.
Presentamos a carne acompañada do chutney de pera e a sal en escamas.
Non vos vou a dicir como estaba, só vos direi que tedes que probalo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito