Ir al contenido principal

Macarróns con longaniza fresca e verduras

Ir a receita en castelán

De cando en vez é necesario darlle un repaso o noso frigorífico e facer unha cociña de aproveitamento. É dicir apañar todo aquelo que temos viaxando dun piso para outro da nosa neveira e ir ó caixón das verduras e mirar o que temos cortado de outras preparacións. Froito de esta revisión sairán pratos tan saborosos coma este, nada do outro mundo pero que estaba moi decente e serviu para non tirar nada de comida.
A recolecta para o prato foi a seguinte:

200 grs de macarróns (ou outra pasta)
5 longanizas frescas
1/2 cebola
1 porro
1 pemento verde (italiano)
1/2 cabaciña
2 tomates
1 dente de allo
Ourego

Aceite de oliva
Sal e pementa

Poñemos a cocer a pasta en auga con sal, segundo as indicacións do fabricante. Escoamos e reservamos.
Mentres sacamos a carne das longanizas da tripa e desmiuzamos en anacos.
Picamos todas as verduras e relamos os tomates.
Nunha cazola poñemos aceite e salteamos a longaniza en anacos, para que colla cor. Retiramos e reservamos.

No mesmo aceite (retiramos algún se vemos que hai exceso) incorporamos a cebola, o allo, o porro e o pemento deixamos facer uns 15 minutos aproximadamente a lume brando. A continuación incorporamos a cabaciña, damos unhas voltas e deixamos facer uns 5 minutos.
Pasado o tempo engadimos o tomate, as follas de ourego picadas e deixamos facer outros 10 minutos. Seguimos co lume brando.
Chegado este punto incorporamos a longaniza reservada, mesturamos todo ben, poñemos a punto de sal e pementa e engadimos os macarróns.
Damos unhas voltas para que se integre todo e directo a mesa.
Imos a presentar os nosos comensáis un prato cheo de sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito