Ir al contenido principal

Brandada de bacallau e escalivada

Ir a receita en castelán

Hoxe imos a mesturar un alimento moi de aquí, o bacallau, con un xeito de preparar as verduras moi mediterráneo, a escalivada.
Escalivar en catalán quere dicir asar nas brasas e nos non as imos a asar nas brasas as nosas verduras, pero si no forno.
O bacallau ímolo a presentar en brandada, unha preparación de usos múltiples, recheo de piquillos, de canelóns, en tostas con un fío de aceite, etc.
Metidos en faena precisaremos:

PARA A BRANDADA
400 grs de bacallau desalgado
2 patacas medianas
1 dente de allo
Aceite de oliva
50 ml de leite
PARA A ESCALIVADA
1 pemento roxo
1 berenxena
1 cebola
Aceite de oliva
Sal
Ceboliño para a presentación

Poñemos o forno a prequecer a 200º. Pelamos a cebola e nunha fonte apta para o forno poñemos as tres verduras regadas cun chorro de aceite.
Metemos no forno uns 40 minutos, dándolle a volta as verduras na metade do tempo (o de sempre como cada forno é un mundo, que cada quen se controle).
O rematar o tempo retiramos e tapamos, deixando que se arrefríen un pouco. Cando as verduras tomen temperatura adecuada, pelamos, troceamos, salgamos e reservamos.
Mentres se facían as verduras puxemos a cocer as patacas con sal. Noutro cazo con aceite poñemos o allo en láminas e o bacallau, que deixaremos confitar uns 20 minutos a temperatura media onde irá soltando a súa xelatina. Polo tanto o bacallau non pode chegar o punto de fritura.
Deixamos que se tempere no propio aceite.
Pelamos e troceamos as patacas que poñemos no vaso do batedor. Escoamos o bacallau e imos desfacendo cas mans, para que non se nos pase ningunha espiña (estragaríamos o prato), e engadimos tamén ó vaso do batedor xunto co leite.
Trituramos e imos engadindo, pouco a pouco, aceite de facer o bacallau. O resultado debería ser unha masa densa e homoxénea.
Para a presentación poñemos un aro en cada prato de servizo e iremos formando un milfollas con capa de brandada, capa de verduras, brandada, verduras e rematamos con brandada. Antes de formar os aros, escoade ben as verduras para que o líquido non abrande a brandada.
Picamos un pouco ceboliño, poñemos uns fíos de aceite e uns chips de allo.
Servese a temperatura ambiente e disfrutaredes un montón con este prato.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito