Ir al contenido principal

Flan de espárragos

Ir a receita en castelán

O luns ofrecinvos un prato para a celebración do San José, pois se aínda o ides a celebrar este domingo, quero proporvos un primeiro para ese día de celebración.
Tanto o da Robaliza rechea de verduras coma este de hoxe, que nin ó lume vai, son de fácil e rápida execución.
Os ingredientes que vou a dar son para 8 racións, aproximadamente, pero estas van a resultar segundo o tamaño do molde a usar. O da foto que acompaña a esta receita, foi feito ca metade dos ingredientes e saíron dous, pero os moldes eran grandes. Fago este comentario, para que á vista da foto saquedes conclusións.
Precisamos:


300 grs de espárragos verdes en conserva
200 grs de queixo de untar
300 grs de langostinos cocidos e pelados
6 follas de xelatina
Sal e pementa

Poñemos as follas de xelatina a hidratar nun pouco de auga fría.
Cocemos os langostino con sal, pelamos e reservamos os necesarios para decorar.
Poñemos a escoar os espárragos reservando as puntas necesarias para decorar.
Cortamos os espárragos en anacos e botamos o vaso do batedor, ó que tamén incorporaremos o queixo e despois de salpimentar, bateremos ata obter unha mestura homoxénea.
Disolvemos a xelatina, ben escoada de auga, en tres culleradas de auga quente e incorporamos á mestura anterior.
Cortamos en anacos os langostinos reservados e integramos na mestura.
Para facilitar o desmoldado, forramos os moldes con film ou papel sulfurizado. Enchemos os mesmos e deixamos arrefriar na neveira un mínimo de 4 horas.
Desmoldamos no prato e decoramos cas puntas dos espárragos e langostinos reservados.
Un excelente sabor levado o voso prato. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito