Ir al contenido principal

Ensalada de pasta y queso con piñones

Ir a receita en castelán

Como nos encamiñamos a primavera, imos a empezar con algúns pratos fríos e ensaladas. Neste caso metémonos con unha ensalada de pasta que imos a servir a temperatura ambiente, para que a mestura de sabores sexa moito máis perceptible.
Mesturaremos doce e salgado con un contraste que vos vai a chamar a atención.
Para dúas persoas imos a necesitar:

100 grs de pasta de cores
25 grs de piñóns
50 grs de carne de marmelo
1/2 pera
100 grs de queixo brie
1 cullerada de vinagre
1 cullerada de mel
1 cullerada pequena de mostaza
4 culleradas de aceite
1 par de tallos de cebolino

Cocemos a pasta en auga con sal segundo as indicacións do fabricante. Escoamos e pasamos por auga fría para deter a cocción. Reservamos.
Tostamos os piñóns nunha tixola sen aceite. Reservamos.
Picamos os tallos de cebolino e reservamos.
Descorazonamos, pelamos e cortamos en dados a pera. Cortamos o marmelo en dados e tamén o queixo pero un pouco máis grandes.
Pasamos a pasta a unha ensaladeira e incorporamos o marmelo, os piñóns, o queixo e a pera.
Preparamos a vinagreta co aceite, o vinagre, a mel, a mostaza e a sal. Batemos ata que a mel se disolva e quede un prebe emulsionado.
Aderezamos a ensalada ca vinagreta e espolvoreamos co cebolino picado.
Una suxestiva mestura de sabores que vos gustará.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito