Ir al contenido principal

Tortilla de bacallau e tomates secos en aceite

Ir a receita en castelán

De unha preparación anterior, unhas chulas de bacallau, sobroume un pouco e entón para unha cea aproveiteino e incorporeino a unha tortilla de patacas.
As patacas para a tortilla pódense facer do xeito tradicional ou podemos facelas no microondas (vai a depender da presa e das gañas que teñamos), coma xa expliquei noutra entrada Tortilla de patacas exprés.
Case non vou a poñer cantidades, pois xa cada quen ten as súas medidas tomadas e esas son as que valen.
Entón imos a precisar:

Patacas
Ovos
Cebola (opcional)
Bacallau
Tomate seco en aceite
Pirixel
Sal e aceite

Esmiuzamos o bacallau cas mans (mellor), cortamos os tomates en anacos pequenos, picamos o pirixel e a cebola. Reservamos.
Facemos as patacas ca cebola do xeito que escollamos e unha vez feitas e escoadas, mesturamos cos ovos batidos, incorporamos o bacallau, os tomates e o pirixel reservados e integramos ben.
Salgamos o conxunto e callamos nunha tixola cun pouco de aceite no fondo. Damos a volta e callamos polo outro lado.
Podemos servir acompañada dunha ensalada e temos unha cea solucionada.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito