Ir al contenido principal

Arroz de compango e o seu caldo

Ir a receita en castelán

Unha máxima que debe prevalecer nas nosas cociñas, é que non se debe de tirar nada. Temos que aproveitar prácticamente todo en outras preparacións.
Este é o caso da receita que nos ocupa. Días atrás fixen un caldo de repolo, e para darlle algo de sustancia usei de compango xarrete, un bo touciño entreverado e un chourizo.
Nin que dicir que o caldo estaba moi bo e cas carnes que lle botei (compango), aproveiteinas para facer un arroz, gardando auga do caldo para facelo. A idea de usar a auga do caldo, tomeina prestada a Anna Mayer, do seu Risotto con caldo gallego.
Entón imos a precisar para 2 ou 3 persoas:

200 grs de arroz bomba
O compango
   -Xarrete
   -Touciño
   -Chourizo
1/2 cebola
1/2 cenoria
1 dente de allo
1/2 pemento roxo
1/4 de cabaciña
2 tomates
1 vaso pequeno de viño branco
Pementón agridoce de La Vera
Caldo en cantidade suficiente
Aceite e sal

Picamos os vexetais en anacos pequenos e nun pouco de aceite facemos un sofrito ca cebola, o allo, a cenoria e o pemento roxo. Deixamos a lume brando uns 15 ou 20 minutos. Incorporamos a cabaciña e facemos 2 ou 3 minutos mas.
Pasado o tempo engadimos o tomate e deixamos facer entre 12 ou 15 minutos e botamos o arroz, damos unhas voltas e mesturamos ben o conxunto.
Engadimos o vaso de viño e deixamos evaporar o alcohol.
Regamos ca auga do caldo de repolo e deixamos facer uns 20 minutos. Mentres se fai picamos o compango en anacos, que engadiremos a 5 minutos do final do arroz. Axustamos de sal se fose necesario.
Deixamos repousar, tapado, uns 5 minutos e a desfrutar de un sabor realmente espléndido.




Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito