Ir al contenido principal

Xelado de mascarpone e turrón con tella de vinagre

Ir a receita en castelán

Coma estamos no tempo imos a poñer unha receita de sobremesa que ven que nin pintada para estes días de Nadal.
Nela imos a combinar un queixo con turrón de Jijona. Unha relación que se me antolla que liga bastante ben e dámoslle unha volta o turrón para tómalo de outro xeito.
Teremos que aprovisionarnos do seguinte:

150 grs de turrón de Jijona
3 ovos
50 grs de azucre
100 grs de queixo mascarpone
150 ml de tona
1,5 follas de xelatina

PARA A TELLA
65 grs de azucre moreno
35 grs de fariña
1 cullerada de vinagre de Jerez
30 grs de manteiga
1 xema de ovo pequeno

Poñémonos mans a obra e quentamos a tona sen que chegue a ferver.
Separamos as claras (que reservamos) das xemas que mesturamos co azucre para branquealas e dobren o seu volume.
Botamos esta mestura na tona que quentamos e levamos outra vez o lume sen deixar de remexer, ata que espese e sen que suba de temperatura (80º aprox).
Cando adquira consistencia, incorporamos o turrón picado, o queixo e a xelatina que teremos hidratada con anterioridade. Mesturamos ata obter unha masa homoxénea. Reservamos e deixamos temperar.
Montamos as claras reservadas a punto de neve firme con un belisco de sal e incorporamos a mestura reservada con movementos envolventes, con unha espátula, de abaixo para arriba.
Introducimos nos moldes (eu utilizo moldes de silicona) e levamos o conxelador.
Mentres, para preparar a tella, mesturamos o azucre moreno ca fariña e imos engadindo pouco a pouco o ovo e a manteiga en pomada. O final engadimos o vinagre e mesturamos ben, non vos preocupedes que non vai a saber o vinagre, pero si lle vai a dar un toque moi especial.
Estendemos no centro de papel de forno unha porción de masa e poñemos outro papel por riba. Cun rolo estiramos ben e en todas direccións. Levamos o forno, prequentado a 200º, uns 3 ou 4 minutos. Retiramos e deixamos arrefriar. Tallar do tamaño desexado.
Sacamos dos moldes despois de conxelados e podémolos servir cun prebe de chocolate, uns dados de turrón e a tella de vinagre.
Non é normal que aconselle unha bebida para acompañar, pero neste caso un Alma de Reboreda do Grupo Reboreda, vaille que nin pintado.
Non vos ides a arrepentir e pode estar feito todo con antelación. ¡¡Feliz Nadal!!