Ir al contenido principal

Reunión de blogueros gastronómicos

Ir a entrada en castelán

Como xa estades o tanto, o pasado 10 de novembro, xuntámonos na cidade de A Coruña un grupo de amig@s, os que nos une a nosa paixón pola gastronomía; tanto na súa fase primaria de elaboración, como tamén no mercado secundario, ou sexa cando esta posta na mesa.
Pois a raíz desa Xuntanza, Pablo Portabales, fai un, creo que non moi acertado, comentario no Extra Voz do día de hoxe, domingo 2 de decembro.
Non é malo que haxa moitos blogs, pero como todo na vida hai que escoller. E como todo na vida non sempre se acerta.
Dame a impresión de que a expresión "refuxiarse a certa idade" non é de todo afortunada. Parece que das entender que con 42 anos xa estás de sobra en todos os lados e vas a esconderte no lado escuro da cociña. Eu teño 58 segundo ti, Pablo, con esta idade quédame algún refuxio o que ir?
De que media fose de 42 anos, posiblemente, ou sen posiblemente, teño gran parte de culpa.
Polo tanto discrepo de Pablo Portabales de que o chegar a certa idade refúxiaste na cociña, hai un montón de xente xove, con uns sólidos fundamentos, metidos a cocinillas coma nos.
Despois da discrepancia unha recomendación; Pablo, déixate caer na tentación, pero non pola idade, faino por convicción. É o que vas a saír gañando.
Gustaríame darche as grazas por este pequeno artigo, pero como non me gusta o seu enfoque non o vou a facer.
Si lle reitero as grazas a bela cidade da A Coruña, que nos acolleu e a Juan Carlos Alonso e Laura Eiriz por unha organización impecable.
E, dende logo, sen esquecerme do acerto de facer esta Xuntanza no espectacular Mirador de San Pedro.