Ir al contenido principal

Enrolado de pementos e queixo

Ir a receita en castelán


O que vos presento nesta entrada non é unha sofisticación de cara a Nadal, pero que incluído nunha bandexa de entrantes ou pinchos, vaille a dar certo colorido e é vistoso.
En realidade trátase de un pionono o que lle imos a dar cor.
Pois para elo imos a precisar:

250 grs de queixo de cabra fresco ou crema
200 grs de rúcula
150 grs de noces
PARA A MASA
150 grs de pementos do piquillo
100 grs de fariña
2 ovos
1/2 sobre de lévedo
Sal

Poñemos os pementos a escorregar. Separamos as xemas das claras. Reservamos as claras e no vaso do batedor, poñemos os pementos xunto cos ovos. Trituramos ata conseguir unha crema.
Mesturamos a fariña e o lévedo, que incorporamos peneirados a crema dos pementos. Integramos ben.
Levamos as claras reservadas a punto de neve firme, que engadiremos a masa con movementos envolventes, co fin de que non se nos baixen as claras.
Forramos unha fonte de forno con papel de forno e votamos nel a masa resultante e estendémola ben.
Prequecemos o forno a 190º e facemos aproximadamente uns 10 minutos. Vos xa ides vendo a cor que vai tomando.
Nada máis sacalo do forno, enrolarémolo co mesmo papel e deixámolo arrefriar, para que o enrolalo co recheo, non se nos rompa.
Unha vez frío abrímolo con coidado e untamos con unha mestura de queixo cas noces groseiramente picadas e poñemos as follas de rúcula por riba. Procedemos a enrolalo de novo e envolvémolo con film transparente. Levámolo a neveira para que colla corpo.
Presentamos en rodelas, acompañado de unha ensalada de brotes con rúcula, noces e tomates secos en aceite.
Bonito contraste o que imos a ter na mesa.