Ir al contenido principal

Curso de Fotografía Gastronómica

Ir a entrada en castelán

Como xa saberedes, o pasado día 15 realizouse en Ourense un Curso de Fotografía Gastronómica.
Este curso foi proxectado e organizado por Rubén Amorín de Ni mata ni engorda, que non para e fai que nos manteñamos activos. O vindeiro 19 de xaneiro terá lugar a segunda xornada do mesmo.
Dicir que o curso foi impartido, cunha didáctica moi comprensible e asequible para os que nos acercábamos de un xeito un pouco mais seria a isto da fotografía, pola coñecida profesional ourensana da fotografía Rosa Veiga. Profesional cunha longa e dilatada traxectoria en prensa tanto a nivel galego coma estatal.
Pois comenzamos o curso de unha forma teórica, onde se  nos indicou, de forma precisa, conceptos que logo iamos a aplicar na parte práctica do curso.
Despois de que quedaran claros os conceptos, e dado que o curso versaba sobre gastronomía, collemos camiño cara a Praza de Abastos de Ourense, onde ca paciencia d@s placeir@s, disparamos a todo peixe, froita, verduras, etc que se nos poñía por diante. Unha experiencia moi interesante que tentarei repetir.
O seguinte apartado do curso, xa era nun local pechado e sobre pratos xa cociñados e empratados.
A destacar neste caso a total colaboración e axuda que nos prestou Antonio, propietario de o Restaurante El Mariscal e a de Sergio Punín xefe de cociña do citado restaurante, que para a sesión de fotografía xa nos tiña preparados tres pratos. Foron moi interesantes as constantes indicacións de Rosa Veiga, sobre as tomas a facer dos mesmos.
Logo do, teño que dicir, estupendo xantar que nos ofreceron en El Mariscal, repasamos o material da sesión da mañá. Corrección de fallos, encadres, oportunidade da toma, luminosidade, xogo cas sombras, etc.
Foi unha xornada que pasou tan rápida, que xa estou a espera da segunda xornada, a celebrar na data que xa indiquei máis arriba.
Insistir nos agradecementos a Rubén Amorín por organizar este estupendo curso, a Rosa Veiga polos coñecementos que nos trasmitiu de forma tan efectiva e amena e a Antonio e Sergio de El Mariscal pola súa colaboración.
Haberá información da segunda xornada.