Ir al contenido principal

Coren: Pularda de Convento

O meu compromiso polas xentes e empresas de Galicia xa quedou patente en entradas anteriores, que se ve aumentado se como valor engadido é de Ourense.
Despois de traer a este blog a empresas relacionadas co sector vitivinícola ou co sector dos aceites, neste caso tócalle a quenda a empresa Coren, punteira no sector agroalimentario nacional.
No caso desta empresa non só concorre que sexa unha empresa nosa, como complemento a esta circunstancia, está a miña relación con Coren durante uns 30 anos. Un tempo importante duna vida.
Xa o ano pasado quedei cas ganas de facer esta entrada e este non podo deixar pasar a ocasión.
Coren é una empresa de primeiro orde no campo da alimentación. Conseguiu dende fai tempo o ciclo cerrado na súa produción e está presente nos máis importantes lineais de alimentación nacionais e internacionais.
Pois ben dentro da ampla gama de produtos de Nadal que oferta Coren, está a Pularda de Convento , das que Coren saca una edición limitada de 5.000 unidades deste produto de alta gastronomía.
A pularda é unha galiña de raza campeira que foi alimentada para impedir a posta de ovos, o que fai que a súa carne sexa más zumarenta o ter a graxa infiltrada.
Sacrifícase con non menos de 100 días de crianza.
Estas aves son criadas polas monxas de o Convento de Santa Clara, na Vila de Allariz, que presume de ter o claustro barroco máis grande de España, e que está integrado na Cooperativa Coren dende 1.963.
Ademais do punto de venta do supermercado que a empresa ten en Sta. Cruz de Arrabaldo, poderase encontrar nos supermercados máis punteiros.
Non deixedes de reservala, eu xa a probei o ano pasado e é un gran prato para a cea de Noiteboa.
Deixovos a receita de Sor María. Xa sabedes o que se di da cociña dos conventos, nin quito nin poño.

Ingredientes:
1 Pularda de convento Coren
6 lonchas de touciño
6 rodelas de piña
1 chorro de brandi
1 vaso de viño branco
Aceite de oliva
Allo
Pirixel
Pementa

Colócase a Pularda del Convento sobre o asador que vai a ir o forno.
Faise un adobo co allo, o pirixel, a pementa un chorriño de aceite. Untamos a Pularda con esta mestura dexámola repousar unhas horas.
Pasado o tempo cúbrese cas lonchas de touciño e a piña, bridamos. Regamos co brandi e o viño branco e levamos o forno a 170º unha hora e media aproximadamente.
Regamos o menos tres veces co viño e o brandy durante o asado.
Podémola presentar cunha guarnición de boliñas de patacas asadas ou unha compota de mazá.
Disfrutalo este Nadal.