Ir al contenido principal

Aceites Abril: Galicia entra na túa cociña

Ir a entrada en castelán



Como xa estaredes enterados pola prensa, o pasado luns, día 10, tivo lugar nas instalacións de Aceites Abril, a presentación do primeiro aceite totalmente galego.
Dende Aceites Abril tiveron a deferencia de invitarme o evento. O cal lles agradezo dende este blog.
Despois de ser recibidos por Elena Pérez, fomos camiño do muíño de aceite no que se moeron as primeiras olivas 100% autóctonas. Ós poucos minutos comenzou a saír este estupendo ouro líquido, que a partires de ese momento xa pasou a ser propiedade sentimental de todos os que creemos nesta terra y apostamos por ela.
E non perdemos o tempo, alí mesmo fixemos unha cata do aceite tal e como saía inmediatamente despois. Evidentemente os meus coñecementos na cata de aceite, xa volo imaxinades, pero o que me guía son las sensacións sensoriais.
No nariz xa adiviñaba o que ía a encontrarme na boca e non me equivoquei moito, a sensación era de suavidade, sen ese regusto a picor que deixan outros aceites en garganta e boca (que non é malo). Estábaseme pasando pola cabeza unha ensalada de brotes frescos con froitos secos e un aliño suave que ía a resaltar os ricos sabores dos froitos secos.
A continuación José Manuel Pérez atendeu ós medios e ó resto dos presentes, ós que nos dou toda clase de explicacións. Contounos cousas moi interesantes, pero quizais debido os meus sentimentos vou a resaltar: Era un proxecto romántico, que está a chegar ó final de seu camiño. Ó mellor diredes que é unha tontería, pero a min a frase  emocionoume. Que unha empresa dó calibre que está tomando Aceites Abril e que un empresario aplique o romanticismo, no é algo moi habitual.
O proxecto nace co o obxecto de recuperar o oliveiral galego e facer chegar ó mercado un produto de primeira calidade e có engadido da tipicidade.
s últimos anos plantáronse 50 hectáreas con oliveiras dá variedade de arbequina e galega ata chegar ás 80.000 oliveiras.
Esténdense  estas oliveiras por terras ourensáns de Verín, Ribeira Sacra, Larouco, Moreiras e Pereiro de Aguiar e dás pontevedresas Tui e O Rosal. Estas plantacións alcanzarán o pleno rendemento no ano 2015.
Hai unha implicación moi directa entre a empresa e as persoas que confiaron nela. Aceites Abril cómpralles toda a colleita de olivas, con prezos superiores á media do mercado e ó mesmo tempo potencia que terreos abandonados ó cultivo recuperen a súa produtividade. Este é o compromiso de Aceites Abril cós agricultores e o campo galego.
En un breve espazo de tempo, Aceites Abril (empresa con 50 anos de historia), estará en condicións de comercializar un produto galego con todo o ciclo realizado en Ourense.
Aproveitaron a ocasión para presentarnos, dentro dá expansión de Aceites Abril, a próxima saída ó mercado, dunha nova la gourmet, un aceite de oliva extra Premium, elaborado con olivas de Andalucía, Extremadura e Castilla y León, e que estará destinado ás tendas gourmet e á exportación.
Será comercializado nun innovador envase de vidro con unha capacidade de 500 ml.
Preguntado, José Manuel Pérez, por o custo de este novo produto, indicou que se situaría nun segmento entre os 5 e 6 € o envase de 500 ml.
Estaremos atentos a aparición deste "Gotas de Abril".
Invitáronnos a visitar as súas instalacións, a través dás cales adivíñase as proporcións que está a adquirir esta empresa, que en pouco tempo ampliará as súas instalacións.
A continuación e xa no Auditorio Municipal de Ourense, participamos nunha cata de aceites, a miña primeira cata de aceites, dirixida con mestría pólo cociñeiro ourensan Dani Guzmán de Nova.
Catamos tres variedades: arbequina, hojiblanca e picual. Fomos de menos a máis intensidade. O meu gusto persoal inclínase pola variedade hojiblanca.
A continuación ofrecéronnos un pequeno ágape co que dimos por finalizado este evento de presentación.
Caras coñecidas no acto como os cociñeiros Flavio Morganti do Galileo e Javier González de A Rexidora, o televisivo Guillermo Campos de Larpeiros e o meu bo amigo e colega no mundo do blog Rubén Amorín de Ni mata ni engorda.
Este blog é unha area no medio dó deserto, pero todo o que estea relacionado con esta terra e cas empresas e persoas de aquí, téñenme o seu lado e soamente con que esta entrada a lea unha soa persoa, doume contento. É a achega do meu gran de area para con esta terra.