Ir al contenido principal

Amendoados

Ir a receita en castelán

Como o prometido é débeda, poño nesta entrada a receita dos amendoados.
Unha receita moi sinxela pero que vos vai a poñer a altura de os auténticos profesionais deste doce con fama na fermosa vila ourensana de Allariz.
Que sirva coma referencia que as medidas que vou a poñer a continuación, dan para uns 12 doces de tamaño xeneroso.
Imos a precisar

125 grs de azucre
125 grs de améndoa moída
2 claras de ovo pequenos ou 1 grande
Obleas

Pois ben con estes tres ingredientes, procedemos do seguinte xeito:
Nun bol mesturamos ben o azucre e as améndoas moídas.
Montamos, a punto de neve forte, as claras de ovo.
Incorporamos as claras á mestura de azucre e améndoa con movementos envolventes de abaixo para arriba, para que non se baixen as claras. Este proceso sería o punto crítico do doce.
Imos poñendo montonciños por riba das obleas e metemos no forno, prequecido a 180º, ata que estean dourados.
Xa vedes que en pouco tempo, temos unha deliciosa sobremesa.