Ir al contenido principal

Tapas&Blogs en Ourense

Ir a entrada en castelán


Como xa estaredes todos informados nesta fin de semana Tapas&Blogs trasladouse a esta fermosa cidade para desenrolar unhas xornadas nas que ver de cerca o que desde aquí  podemos ofrecer en forma de turismo, gastronomía, termalismo, etc.
A información do evento foi correndo pola rede segundo a segundo, grazas a todos os twitters que fixeron o traballo de dalo a coñecer, #saboresdeourense, #tapas&blogs. Eu sigo polo método tradicional, a entrada no blog, ando a arrancar no twitter pero moi a remolque.
Non vou a facer unha lista de participantes xa que seguro que se me quedarían moitos no tinteiro, e penso que cando alguén participa non evento e no se ve nas citas, quédalle algo de amargura. A única referencia que vou a facer é a de Alfonso López de Recetas de rechupete, suficientemente coñecido neste mundo do blog gastronómico e auténtico embaixador da marca Ourense a cada ocasión que se lle presenta. Grazas Alfonso por traer Tapas&Blogs a esta nosa cidade e por facerme participe dela, dado o que sinto por esta cidade e provincia e as gañas de dalas a coñecer. Grazas tamén a Ourentur pola súa perfecta organización e a amabilidade e profesionalidade das persoas que estiveron con nos. Non podía deixar de agradecer o noso Alcalde, Agustín Fernández a súa implicación no evento.
Unha petición a todos os participantes no evento, volvede e traede a máis xente con vos a desfrutar desta cidade e provincia que tanto ten por ofrecer e por descubrir.
Pois indo o evento, este comenzou o venres 26 ca recepción no Hotel Carrís, na que nos atopamos con xente xa coñecida e novas caras que ata ese momento soamente eran virtuais.
Despois de un pequeno paseo ata a zona dos viños fixemos o noso primeiro ataque a oferta que nos da a zona vella (e bela) da cidade comenzando por a Taberna Atarazana na Rúa dos Fornos, onde nos esperaban unha Tosta de porco celta sobre níscaro e boletus recheo de castañas e unha cucharilla de cervo con puré de castañas e castaña en témpura. Nos dous pinchos o noso outono reflectido en todo o seu esplendor. O boletus recheo de castañas para deixar sen fala.
Seguindo a Rúa dos Fornos chegamos O Lume, na Praza dos Suaves, onde nos agardaban unhas empanadillas de boletus feitas con fariña de castañas, que resultaron estar moi boas.
Xa de volta pola mesma rúa acercámonos a un clásico dos viños ourensáns O Fontefría onde nos estaba esperando unha empanada de boletus e unha tosta de anchoas sobre tomate natural que fixo as delicias de todos nos. O chiste era, o tamaño si importa soamente tedes que ver a foto.
A noite rematou no Tragaluz unha coqueta cafetería na Praza de San Martiño, na que nun reservado da mesmo dimos conta das copas da noite.
Neste punto a xornada remataba, pero nun "Plan B" capitaneado por Rubén Amorín de Ni mata ni engorda e o que me apuntei, aínda fumos a rematar algún local máis.
Na xornada do sábado 27 e con poucas horas de sono e a cabeza resoando coma un ruxe ruxe, iniciamos un pequeno percorrido turístico pola cidade, para iniciar a xornada de traballo no Auditorio Municipal as 11 da mañá onde conducido por Flavio Morganti paseamos polos produtos de calidade que nos ofrece Ourense.
Arrancamos, non son obxectivo, co que pode ser o mellor pan do mundo, o pan de Cea. A través dun panadeiro foísenos indicando todo o proceso para a elaboración do citado pan. 

A continuación Flavio presentounos a súa homenaxe as polbeiras de Arcos e os 50 anos da Festa do Pulpo de O Carballiño. É un polbo cocido o xeito tradicional pero con un engadido: viño tinto das catro denominacións de Ourense. Faise resaltar este produto sobre unha base de auténtico ouro líquido de Ourense, un proxecto de Aceites Abril que tamén presentou neste evento a Aouris.
A continuación presentounos un viño, A pita cega, elaborado por Lagar de Sabariz, con finca en San Amaro. Destacouse a súa situación entre montañas que lle daban abrigo no inverno, da importancia do chan e da súa composición e do seu cultivo de forma orgánica e biodinámica. Estou en condición de asegurar as bondades de este viño. Delicioso.
E sen deixar o mundo do viño, a Cooperativa do Ribeiro, presentounos o Tostado de Costeira. Unha recuperación que se está a facer do viño tostado na zona de denominación do Ribeiro. Un viño que nos vai servir tanto para un aperitivo, como evidentemente acompañar unhas doces sobremesas.
Viño con produción reducida, dada a súa complexa elaboración e de costos elevados.
Chegado este momento Flavio indicounos o plan a seguir desde ese momento, o plan de que non hai plan.
A partir de ese momento a cociña colleu vida no Auditorio Municipal de Ourense, e Flavio comenzou a deleitarnos cos seus pratos, parte deles feitos en vivo e en directo e nos que amablemente facilitounos toda a información que lle era solicitada.
Non engado fotos do xantar que as podedes ver no álbum que adxunto a esta entrada, pero indico:
Tartar de vaca galega, Xelatina de setas con setas en escabeche, Concentrado de vaca galega, Empanada esférica, Caldo galego, Chip do bosque, Ravioli de grelos recheos de lacón, Solombo de porco, Lombo baixo de vacún e de sobremesa Castañas con toffe, Bica, Doces xudeos e Castañas asadas. 
Na xornada de tarde fomos ata as Termas de Outariz, onde que o quixo puído comprobar e desfrutar deste tesouro que temos nesta cidade. Penso que os deixou sorprendidos.
Xa pola noite tivemos a cea de despedida no Restaurante A Taberna na que nos acompañou o Alcalde da cidade.
Por motivos operativos non dispoño de fotos da cea, onde fixemos un delicioso percorrido dende a empanada, os grelos con mariscos, os peixes coma o pargo, as carnes e as sobremesas. Destas últimas destaco un rulo de mazá recheo de leite merengada que quita o sentido.
Repito grazas a todos os participantes, a Tapas&Blogs, a Ourentur, os establecementos colaboradores e a O Concello de Ourense, por facer posible que se abrira unha fiestra por onde saíron os sabores, olores e sentimentos desta cidade.
Ate pronto.